Luke Kibet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luke Kibet no maratón de Londres, en 2009

Luke Kibet, nado o 12 de abril de 1983 probablemente na vila de Eldoret, é un atleta kenyano de gran fondo, especializado en maratón.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Se ben comezou no medio fondo con probas de 3.000 m valados, en 2003 comezou a disputar probas de gran distancia, como medios maratóns e en 2004 pasou ao maratón de 42 km, onde axiña acadou niveis internacionais. O seu primeiro maratón de alto nivel foi o de Taipei, en 2005.

En agosto de 2007 conseguiu a medalla de ouro nos mundiais de atletismo de Osaca, cun tempo de 2:15'59", aínda que a súa mellor marca persoal fíxoa en outubro de 2005 en Eindhoven con 2:08'52". No medio maratón a súa mellor marca é 1:00'43" realizada en setembro de 2006 en Róterdam.

Predecesor:
Jaouad Gharib
Med 1.png Campión do mundo de atletismo
maratón

2007 en Osaca
Sucesor:
-

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Medrou na vila de Eldoret. Na actualidade adestra nas instalacións de Moses Tanui en Kaptagat. É garda de prisións en Nairobi.[Cómpre referencia]