Tero Pitkämäki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Osaka07 D9A Tero Pitkämäki.jpg

Tero Kristian Pitkämäki, nado en Ilmajoki (Finlandia) o 19 de decembro de 1982, é o primeiro lanzador de xavelina e antigo campión mundial. Fixo a mellor marca persoal en 91.53m, no ano 2005.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Pitkämäki rematou 8º na competición de xavelina para homes nos Xogos Olímpicos de 2004 co resultado de 83.01 m e dende entón desenrolouse como un dos lanzadores de xavelina líderes mundiais. Dende agosto do 2005, cando lanzou 91.53 m, converteuse nun dos favoritos para o Campionato Mundial de Atletismo 2005, que foi celebrado no seu país de orixe. Sen embargo quedou tan só de cuarto cun resultado de 81.27 m. Pitkämäki gañou a súa primeira medalla quedando segundo nos Campionatos Europeos de Atletismo 2006.

O venres 13 de xullo do 2007, durante a Liga de Ouro 2007 estaba en Roma no Estadio Olímpico. Tero Pitkämäki lanzou unha xavelina demasiado lonxe e desviada á esquerda e pegoulle ao saltador francés Salim Sdiri nun lado do lombo. Sdiri foi levado a un hospital de Roma por urxencias aínda que presentaba feridas que non revestían gravidade.

O 5 de agosto Pitkämäki gañou o seu 4º triunfo finlandés consecutivo cun lanzamento de 89.43 metros. No Campionato do Mundo de Atletismo 2007 en Osaka, Xapón, Pitkämäki gañou a súa segunda medalla de ouro en xavelina cun tiro de 89.16 metros. Co seu último tiro da competición, mellorou o seu resultado final a 90.33 metros.

O 5 de outubro do 2007, Tero Pitkämäki foi honrado como o Atleta Europeo do Ano pola Asociación de Atletas Europeos. As súas 11 marcas que perseguen o récord, incluíndo a marca de Campión Mundial, a Liga de Ouro en Oslo e París e súa mellor marca, tamén en Europa, cun tiro de 91.23 metros foron os factores para escollelo. En decembro, Pitkämäki foi votado o Deportista finlandés do Ano polos membros da Asociación de Periodistas Finlandeses. Impúxose ao campión mundial de Fórmula Un Kimi Räikkönen entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]