Nélson Évora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nélson Évora
Nacemento20 de abril de 1984
Lugar de nacementoAbidjan
NacionalidadePortugal
RelixiónFe Bahá'í
Ocupaciónatleta
PremiosGrã-Cruz da Ordem do Mérito e Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique
Na rede
http://www.nelson-evora.com/
Twitter: NeEvora IAAF: 14218188 Olympic.org: nelson-evora Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nélson Évora, nado o 20 de abril de 1984 en Costa do Marfil, é un atleta portugués, especialista en triplo salto.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

En 2001 competiu por primeira vez a nivel internacional representando a Cabo Verde (onde viviu os primeiros anos da súa vida), durante o Festival Olímpico da Mocidade Europea. Pero non é ata 2003 cando empeza a colleitar triunfos de importancia, xa representando a Portugal, cando se coroa como campión de Europa júnior en salto de lonxitude e triplo salto nos campionatos celebrados en Tampere (Finlandia).

En 2004, xa centrado no triplo salto, consegue o bronce nos Europeos sub-23 de Erfurt (Alemaña) e consegue a mínima para os Xogos de Atenas, se ben non se cualifica para a final. En 2005 participa nos mundiais de 2005 en Helsinqui (14º, fóra da final), e ao ano seguinte, nos mundiais de 2006 en pista cuberta, celebrados en Moscova, acada a sexta praza, mentres que nos europeos dese ano en Gotemburgo queda cuarto no triplo (17,07 m) e sexto en lonxitude (7,91 m). Nos europeos de pista cuberta de 2007, en Birmingham, quedou quinto no triplo logo de lesionarse no primeiro salto.

A consagración chegoulle o 27 de agosto de 2007 ao acadar o título de campión do mundo de triplo nos mundiais de Osaca, en 2007, cunha marca de 17,74 m, que supuña récord de Portugal. Malia estar seleccionado na proba de salto de lonxitude, non chegou a competir na rolda de clasificación para descansar e prepararse para a Golden League.


Predecesor:
Walter Davis
 Medalla de ouro Campión do mundo de atletismo
triplo salto
 
2007 en Osaca
Sucesor:
-

Milita no Benfica de Lisboa e posúe o récord portugués de triplo e de lonxitude, batendo as súas propias marcas varias veces. Tamén conserva os récords caboverdianos destas especialidades, obtidos en 2002.

Resultados[editar | editar a fonte]

Ano Competición Lugar Posto Marca
2002 Campionato Mundial Júnior Kingston 6º en Triplo 15.87 m.
2003 Campionato Europeo Júnior Tampere 1º en Triplo
1º en Longitud
16.43 m.
2004 Campionato Mundial Indoor Budapest Eliminado 16.30 m.
2004 Xogos Olímpicos Atenas Eliminado 15.72 m.
2005 Campionato Mundial Helsinqui Eliminado 16.60 m.
2006 Campionato Mundial Indoor Moscova 6º en Triplo 17.14 m.
2006 Campionato Europeo Gotemburgo 4º en Triplo
6º en Longitud
17.07 m.
2007 Campionato Europeo Indoor Birmingham 5º en Triplo 16.97 m.
2007 Campionato Mundial Osaka 1º en Triplo 17.74 m.
2007 Final Mundial da IAAF Stuttgart 3º en Triplo 17.30 m.
2008 Campionato Mundial Indoor Valencia 3º en Triplo 17.27 m.
2008 Xogos Olímpicos Pequín 1º en Triplo 17.67 m.
2009 Campionato Mundial Berlín 2º en Triplo 17.55 m.

Datos persoais[editar | editar a fonte]

É crente da relixión bahaísta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Official Website: https://web.archive.org/web/20080326195711/http://www.nelson-evora.com/