Lucas de Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lucas de Tui
Nacementoséculo XIIxuliano
Lugar de nacementoLeón
Falecemento1249
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióncronista, historiador, escritor, sacerdote católico e bispo católico
editar datos en Wikidata ]

Lucas de Tui, chamado o Tudense, nado en León na segunda metade do século XII e finado en 1249, foi cóengo de Santo Isidoro de León, bispo da diocese de Tui e escritor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo cóengo en León (1221-1239), Lucas tivo que defender a causa de Isidoro de Sevilla (De Miraculis Sancti Isidori). Viaxou por Roma, Constantinopla, Chipre, Xerusalén, Armenia e Francia. Afirma ter visto os supostos catro cravos da crucifixión de Xesús Cristo, un en Francia, outro en Nazaret, outro en Tarso e o cuarto en Constantinopla. En 1233 ou 1234 pasou a Pascua en Roma e desde 1239 até a súa morte foi bispo de Tui.

En De altera vita fideique controversiis adversus Albigensium errores 1234 combate a herexía albixense inspirándose en santo Isidro e san Xerome. A petición da raíña Berenguela redactou en 1236 o Chronicon mundi, a súa mellor obra. Abarca desde as orixes do mundo até 1236 e presenta un dobre marco, universal e da Península Ibérica. Divídese en catro partes e as fontes principais son santo Isidoro, o Biclarense, Hidacio, Paulo Orosio, Afonso III o Silense e Sampiro. Pretendía ser unha réplica castelá ás grandes historias universais que tan populares eran na Europa do momento, ao tempo que actualizaba o labor histórico de santo Isidro. Ten importancia tamén para coñecer a épica medieval. É a fonte máis antiga da xura de Santa Gadea, supostamente acontecida un século e medio antes.[1]


Predecesor:
Esteban Egea
 Bispo de Tui 
1239 - 1249
Sucesor:
Gil Pérez de Cerveira

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antón, Jacinto (2019-12-22). "Un Cid sin ‘Tizona’, ‘Babieca’ ni jura de Santa Gadea". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-03-19.