Monxe
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa relixión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Monxe (feminino: monxa) é unha persoa dedicada á vida monástica e de clausura.
A tradición monástica está presente en varias relixións do mundo: budismo, xainismo, taoísmo, lamaísmo e cristianismo. Os monxes residían en mosteiros. Seguen unha vida de desapego aos bens materiais. Na Idade Media, os membros do clero, do cal os monxes facían parte, eran os máis instruídos da época, xa que vivían enclausurados nos mosteiros, e tiñan moito tempo libre. Así, dedicábanse a ler e copiar os libros das bibliotecas, motivo polo que tiñan unha preparación da que os labregos e viláns carecían.