Bequia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bequia
Vista da illa
Port Elizabeth, Illa de Bequia
Datos
Capital Port Elizabeth
País San Vicente e as Granadinas
Localización Mar Caribe
Arquipélago Antillas Menores
Linguas
Poboación (2007) 5.000 hab.
Superficie 18 km²
Densidade 277,78 hab./km²
Coordenadas 13°00′N 61°14′W / 13.000°N 61.233°W / 13.000; -61.233Coordenadas: 13°00′N 61°14′W / 13.000°N 61.233°W / 13.000; -61.233
Maior Altura 268 m. Mount Pleasant
Localización
SaintVincentGrenadinenKarte.png

A Illa Bequia, é a segunda illa máis grande do Arquipélago caribeño das Granadinas, cunha superficie estimada en 18 km². Pertence politicamente a San Vicente e as Granadinas, está aproximadamente a 15 km da capital deste país, ten unha poboación duns 5.000 habitantes, cunha densidade de 278 hab./km², sendo o seu capital Port Elizabeth. O seu punto máis alto é Mount Pleasant que se eleva ata 268 m.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A capital da illa é Port Elizabeth 13°00′N 61°16′W / 13.000°N 61.267°W / 13.000; -61.267. Outros núcleos de poboación da illa son de Paget Farm, Lower Bay, La Pompe, Hamilton, Mount Pleasant e Belmont.

A poboación nativa é principalmente unha mestura de africanos, escoceses e indíxenas caribes. A illa é moi pequena, mide uns 18 km². As áreas de poboación principais son Port Elizabeth e Paget Farm que acollen a terminal do ferry e o aeroporto, respectivamente.

A princesa Margaret, que tiña unha casa na veciña Mustique, visitou Bequia e haí unha praia co seu nome na súa honra. Princess Margaret Beach está próximo a Port Elizabeth, e sitúase dentro da baía do Almirantado.

Bequia significa "illa das nubes" na antiga lingua Arawak. O nome da illa tamén foi 'Becouya' como parte da Granadinas.

Os outeiros da illa son moi inferiores aos picos de San Vicente, 16 km ao norte, polo que non reciben moita choiva.

O principal porto da baía do Almirantado, un gran porto natural, e a "cidade" de Port Elizabeth atópase na costa oeste.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bequia