Gran Caimán
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Gran Caimán | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | George Town |
| País | Reino Unido |
| Localización | Mar Caribe |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (1999) | 44.021 hab. |
| Superficie | 196 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 19°20′N 81°13′W / 19.333°N 81.217°W |
| Maior Altura | 24 m. |
| Localización | |
Gran Caimán (Grand Cayman en inglés) é a maior das tres illas que formam as Illas Caimán, con 196 km² e localizada en 19°20′N 81°13′W / 19.333°N 81.217°W. Gran Caimán alberga a maioría da poboación e da actividade económica deste territorio británico de ultramar. Nela atópase a capital, George Town
As principais actividades económicas son o turismo e a industria financeira internacional. Centenares de bancos, aseguradoras e administradores de fondos de investimentos teñen na illa o seu domicilio fiscal e sede, atraídos pola estrutura legal que permite a existencia dun paraíso fiscal que non penaliza as transaccións económicas con taxas e impostos como na maioría dos países.