A illa do tesouro

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A illa do tesouro
Título orixinalThe Sea Cook, or Treasure Island
Autor/aRobert Louis Stevenson
OrixeReino Unido
Linguainglés
Xénero(s)Novela
Data de pub. 1883
Galicia 1984
TraduciónXavier Alcalá
editar datos en Wikidata ]

A illa do tesouro é unha novela de aventuras escrita en inglés polo escocés Robert Louis Stevenson, editada en libro en Londres en 1883 (publicada orixinalmente por entregas na revista infantil Young Folks entre 1881 e 1882 co título de The Sea Cook, or Treasure Island). Foi verquida ao galego por primeira vez por Xavier Alcalá (1984).

Esta obra foi fonte de inspiración no cinema, na televisión, na literatura, en banda deseñada e ata en videoxogos. A novela adopta un ton crítico e unha reflexión moral do protagonista cara ao diñeiro e a ambición.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Jim Hawkins é un mozo que traballa cos pais nunha pousada chamada Almirante Benbow. Un día para nela un home de mar chamado Billy Bones, cuxa única posesión é un vello cofre. A taberna recibe a visita dun mariñeiro cego a mesma noite en que o pai de Jim morre. O cego ameaza a Bones dicíndolle que máis tarde el e os seus o atacarán para recuperar o cofre. Bones morre de apoplexía, produto da súa adición ao ron. Jim e a súa nai foxen co contido do cofre e ven desde fóra como os piratas esnaquizan a Almirante Benbow.

Jim refúxiase na casa do escudeiro Trelawney xunto co doutor Livesey. Jim móstralles o mapa do tesouro que atopou no cofre de Bones e os tres deciden ir buscalo. Trelawney consegue como tripulantes a Long John Silver, ex contramestre do capitán Flint, e mais o capitán Smollet, que se pon ao mando da Hispaniola. A pesar das protestas do capitán sobre a súa mala tripulación, o barco parte. Durante a travesía, Jim cae nun pipo de mazás e, dentro del, escoita os plans de traizón de Silver e doutros mariñeiros. Jim coméntalles o sucedido aos seus compañeiros, que deciden trazar un plan contra eles.

Tras chegar á illa, Silver e a maioría dos mariñeiros desleais desembarcan. Jim vai con eles, pero foxe e atopa un ex mariñeiro do capitán Flint abandonado na illa, chamado Ben Gunn. O capitán, o escudeiro, o doutor e os seus servos reteñen os poucos mariñeiros traidores que quedaran no navío e refúxianse nun fortín da illa. Tras negociacións erradas entre ambos os bandos, sucédense algúns combates con armas de fogo no fortín.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Protagonistas e mariñeiros fieis[editar | editar a fonte]

  • Jim Hawkins: É o mozo que protagoniza a novela
    • Nai de Jim: Ela e o pai de Jim posúen unha taberna, o Almirante Benbow, que é asaltada por piratas que buscan o mapa. Jim e a súa nai ven o ataque desde fóra.
    • Pai de Jim: Non ten moita importancia porque morre ao principio da obra.
  • Doutor David Livesey: É un dos protagonistas da obra. Coida moito de Jim e cando ve que atopou o mapa, decide embarcarse á procura do tesouro. É unha persoa diplomática, que accede a sandar os piratas malferidos.
  • John Trelawney: É un aristócrata de Bristol e tamén escudeiro. A través dos seus contactos, consegue o barco e a tripulación que os levará ao tesouro. É bo tirador e para a expedición leva tres dos seus criados; Redruth, Hunter e Joyce.
    • Thomas Redruth: Criado de Trelawney que o acompaña na travesía. Morre durante un combate a mans dos mariñeiros rebeldes.
    • John Hunter: Servente de Trelawney, que sobrevive.
    • Richard Joyce: Outro servente de Trelawney. Morre durante o ataque ao fortín dun tiro na cabeza.
  • Inspector Dance: O inspector de Bristol que se encarga de perseguir os piratas.
    • Dogger: Axudante do inspector Dance, que acompaña a Jim a casa do escudeiro.
  • Capitán Alexander Smollett: É o capitán da Hispaniola. Desde o primeiro momento, está descontento coa súa tripulación, xa que sospeita que son piratas. Durante un combate contra os piratas é ferido.
  • Abraham Gray: Calafate, mariñeiro fiel ao capitán.
  • Ben Gunn: Ex tripulante do Warlus, que foi abandonado na illa pola tripulacion do Flint ao facelos perder o tempo buscando o tesouro sen o mapa. Atópao Jim, quen lle pide permiso ao doutor para que forme parte do seu grupo. Para tolear os piratas mentres buscan o tesouro, fai voces estrañas simulando ser o capitán Jonathan Flint.

Piratas e mariñeiros desleais[editar | editar a fonte]

Billy Bones: Mariñeiro que se aloxa no Almirante Benbow. No seu cofre estaba o mapa do tesouro de Flint, e por iso atrae a moitos piratas. Fiel consumidor de ron e grog, morre de alcolemia na taberna pouco antes do asalto dos piratas.

  • Can Negro (Black Dog): Pirata que acode á taberna de Jim en busca de Billy Bones; pelexan, resulta ferido e escapa.
  • Sancristán (Pew): É un dos piratas que ameaza a Billy Bones na taberna e que posteriormente asalta a taberna de Jim. Morre pisado por un cabalo, pois ao ser cego non o dá esquivado.
    • Johnny: É un dos camaradas de Sancristán, que logo foxe.
    • Dirk: Outro camarada do Sancristán. Supostamente, embárcase tamén na Hispaniola.
  • John Silver o Longo: É un pirata que pertenceu á tripulación do capitán Flint, que posúe unha pousada en Bristol que recibe o nome de "Telescopio" . Ten unha pata de pau. Na Hispaniola exerce de cociñeiro. Posteriormente é o líder da revolta contra o capitán Smollet, pero cando se ve perdido vólvese covarde e pacta co doutor a seguridade de ambos os bandos. Finalmente, cando volven cara a Bristol foxe axudado por Ben Gunn.
    • Capitán Flint: O papagaio de Silver. Ten este nome en homenaxe ao temido pirata Jonathan Flint.
  • Piloto Arrow: Piloto da Hispaniola. Desde o principio, o capitán non o lexitima como bo mariño debido á súa pouca autoridade e a súa ebriedade. Morre durante unha tormenta na que cae ao mar.
  • Job Anderson: Contramestre de A Hispaniola. Logo da morte de Arrow, ocupa o posto de piloto.
  • Israel Hands: Principalmente, ocupa o posto de temoeiro. Máis tarde únese á traizón de Silver e permanece no navío de garda. Morre a mans de Jim despois de que este capture a Hispaniola.
  • Tom e Alan: Mariñeiros asasinados por Silver ao deixar de obedecer as súas ordes.
  • O'Brien: Mariñeiro que queda xunto a Israel Hands no navío, e é asasinado por este.
  • George Merry: Mariñeiro rebelde que segue as ordes de Silver.
  • Tom Morgan: Outro mariñeiro baixo as ordes de Silver.
  • Capitán Jonathan Flint: Non aparece na obra, aínda que se fagan moitas referencias a el. Foi un pirata temible que enterrou o seu tesouro. Algúns dos seus tripulantes navegan na Hispaniola.

Capítulos[editar | editar a fonte]

.
.

Parte primeira: O vello bucaneiro[editar | editar a fonte]

  • Cap. 1. "O vello lobo de mar na Almirante Benbow"
  • Cap. 2. "O Can Negro aparece e desaparece"
  • Cap. 3. "A mancha negra"
  • Cap. 4. "O cofre"
  • Cap. 5. "A fin do cego"
  • Cap. 6. "Os papeis do capitán"

Parte segunda: O cociñeiro de a bordo[editar | editar a fonte]

  • Cap. 7. "Vou para Bristol"
  • Cap. 8. "Na pousada do Telescopio"
  • Cap. 9. "Pólvora e armas"
  • Cap. 10. "A viaxe"
  • Cap. 11. "O que oín na barrica das mazás"
  • Cap. 12. "Consello de guerra"

Parte terceira: A miña aventura en terra[editar | editar a fonte]

  • Cap. 13. "Como empezou a miña aventura en terra"
  • Cap. 14. "O primeiro golpe"
  • Cap. 15. "O home da illa"

Parte cuarta: O fortín[editar | editar a fonte]

  • Cap. 16. "O doutor continúa a narración: de como foi abandonado o barco"
  • Cap. 17. "Narración que continúa o médico: a derradeira viaxe da lancha"
  • Cap. 18. "O doutor continúa a narración: fin da loita do primeiro día"
  • Cap. 19. "Jim Hawkins retoma a narración: a gornición do fortín"
  • Cap. 20. "A embaixada do Silver"
  • Cap. 21. "O ataque"

Parte quinta: A miña aventura no mar[editar | editar a fonte]

  • Cap. 22. "Como empecei a miña aventura no mar"
  • Cap. 23. "O devalo"
  • Cap. 24. "A viaxe do coracle"
  • Cap. 25. "Arrío a bandeira negra"
  • Cap. 26. "Israel Hands"
  • Cap. 27. "Pezas de a oito"

Parte sexta: O capitán Silver[editar | editar a fonte]

  • Cap. 28. "No campamento do inimigo"
  • Cap. 29. "A mancha negra, outra vez"
  • Cap. 30. "Baixo palabra de honor"
  • Cap. 31. "Á procura do tesouro... o sinal do Flint"
  • Cap. 32. "Á procura do tesouro... a voz entre as árbores"
  • Cap. 33. "A caída do xefe"
  • Cap. 34. "E derradeiro"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]