Transdutor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os tubos de raios catódicos son un exemplo de transdutores.

Un transdutor é un dispositivo ou compoñente electrónico que transforma un tipo de enerxía noutro, utilizando para iso un elemento sensor que recibe os datos e os transforma. Por exemplo, o sensor pode traducir información non eléctrica (velocidade, posición, temperatura, pH...) en información eléctrica (corrente, tensión, resistencia...). Un tipo curioso de transdutor é elaborado a partir de cristais naturais denominados cristais "piezoelétricos". Estes transducen enerxía eléctrica en enerxía mecánica na relación de 1:1 (un sinal eléctrico para un sinal mecánico).

Fálase de transdutores pasivos cando a enerxía de saída provén unicamente (ou case unicamente) da enerxía de entrada, e de transdutores activos cando dispoñen dunha alimentación de enerxía.

Exemplos de transdutores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]