Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Arcebispo de Santiago")
Arquidiocese de Santiago de Compostela
Compostellanus
Datos xerais
Sufragáneas Lugo
Mondoñedo-Ferrol
Ourense
Tui-Vigo
Información
Igrexa particular Igrexa Latina
Igrexa Igrexa Católica
Ritos Rito romano
Xerarquía
Papa Francisco
Outros datos
Páxina web archicompostela.org
Dioceses con nome.PNG
Pazo arcebispal.

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa Católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica a Catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Historia[editar | editar a fonte]

Elevouse a arquidiocese en 1120, é continuadora da diocese de Iria que, logo do descubrimento do sartego de Santiago o maior entre 820 e 830, tiña como residencia do bispo a cidade de Compostela, aínda que oficialmente non se trasladou a sé ata o ano 1095.

Durante a Idade Media o arcebispo de Santiago de Compostela, por privilexio concedido pola monarquía, exercía xurisdición señorial sobre a Terra de Santiago.

Dependencias[editar | editar a fonte]

A arquidiocese cobre unha superficie de 8.546 km² e segundo datos de 2004 vivían nela 1.287.118 persoas, deles 1.132.664 católicos (o 88 % da poboación) e dela dependen 1.069 parroquias. Na diocese hai 627 sacerdotes diocesanos e 141 sacerdotes relixiosos, 1.017 relixiosas e 278 relixiosos. Da arquidiocese dependen catro dioceses sufragáneas: Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo. O actual titular é Julián Barrio.

Arcebispos[editar | editar a fonte]

Diego Xelmírez no Tombo do Mosteiro de Toxos Outos
Julián Barrio, actual arcebispo.
  1. Diego Xelmírez (1120-1140).
  2. Pedro Helías (1143-1149).[1].
  3. Bernardo I (1151-1152).
  4. Paio Camundo (1153-1167).
  5. Martín Martínez (1156-1167).
  6. Pedro Gundestéiz (1168-1173).
  7. Pedro Suárez de Deza (1173-1206).
  8. Pedro Muniz (1207-1224).
  9. Bernardo II (1224-1237).
  10. Xoán Arias (1238-1266).
  11. Egas Fafez, Bispo de Coimbra, promovido a Santiago en 1267, faleceu en Montpellier, sen tomar posesión.
  12. Gonzalo Gómez (1273-1281?).
  13. Rodrigo González (1286-1304).
  14. Rodrigo de Padrón (1307?–1316).
  15. Berenguel de Landoira (1317-1330).
  16. Xoán II (Xoán Fernández de Lima) (1331-1338).
  17. Martín Fernández (1339-1343).
  18. Pedro V (1344-1351).
  19. Gómez Manrique (1351-1362).
  20. Suero Gómez de Toledo (1362-1366).
  21. Alonso Sánchez de Moscoso (1367-1367).
  22. Rodrigo de Moscoso (1368-1382)
  23. Xoán III (Xoán García Manrique) (1383-1388).
  24. Lope de Mendoza (1399-1445).
  25. Álvaro Núnez de Isorna (1445-1449).
  26. Rodrigo de Luna (1451-1460).
  27. Alonso I de Fonseca (1460-1464).
  28. Alonso II de Fonseca (1464-1506).
  29. Alonso III de Fonseca[2] (1506-1524).
  30. Xoán Tabera (1524-1534). Cardeal da Igrexa Romana.
  31. Pedro Gómez Sarmiento (1534-1541). Cardeal da Igrexa Romana.
  32. Gaspar de Abalos. (1542-1545). Cardeal da Igrexa Romana.
  33. Pedro Manuel (1546-1550).
  34. Xoán IV (Xoán Alvarez de Toledo) (1550-1557). Cardeal da Igrexa Romana.
  35. Frei Afonso de Castro, OFM (1558), morto antes de tomar posesión.
  36. Gaspar de Zúñiga y Avellaneda (1559-1569).
  37. Cristóbal Fernández de Valtodano (1570-1572).
  38. Francisco Blanco Salcedo (1574-1581).
  39. Juan de Yermo y Hermosa (1582-1583).
  40. Alonso Velázquez (1583-1587).
  41. Xoán V (Juan de Sanclemente) (1587-1602).
  42. Maximiliano de Austria (1603-1614).
  43. Xoán VI (Juan Beltrán de Guevara) (1615-1622).
  44. Luis Fernández de Córdoba (1622-1624).
  45. Agustín Antolínez, O.S.A. (1624-1626).
  46. José González Villalobos, O.P. (1627-1630).
  47. Agustín Spínola (1630-1645). Cardeal da Igrexa Romana.
  48. Fernando de Andrade y Sotomayor (1645-1655).
  49. Pedro Carrillo y Acuña (1665-1667).
  50. Ambrosio Spínola y Guzmán (1668-1669).
  51. Andrés Girón (1670-1681).
  52. Francisco Seijas y Losada (1681-1684).
  53. Antonio de Monroy, O.P. (1685-1715).
  54. Luis Salcedo y Azcona (1716-1722).
  55. Miguel Herrero y Esgueva (1723-1727).
  56. José de Yermo y Santibánez (1728-1737).
  57. Manuel Isidro Orozco (1738-1745).
  58. Cayetano Gil Taboada (1745-1751).
  59. Bartolomé de Raxoi (1751-1772)
  60. Francisco Alejandro Bocanegra (1773-1782).
  61. Sebastián Malvar y Pinto, OFM (1783-1795).
  62. Felipe Antonio Fernández Vallejo (1797-1800).
  63. Rafael de Múzquiz y Aldunate (1801-1821).
  64. Juan García Benito, Bispo de Tui e electo de Santiago, renunciou ao seu nomeamento sen chegar a tomar posesión.
  65. Simón Antonio de Rentería y Reyes. (Del 16–IX al 4–10 de 1824)
  66. Frei Rafael de Vélez, OFM Cap. (Nacido Manuel Anguita Téllez) (1825-1850).
  67. Miguel García Cuesta (1851-1873). Cardeal da Igrexa Romana.
  68. Miguel Payá y Rico (1875-1886). Cardeal da Igrexa Romana..
  69. Victoriano Guisasola Rodríguez (1886-1888).
  70. José Martín de Herrera y de la Iglesia (1889-1922). Cardeal da Igrexa Romana.
  71. Manuel Lago González (1924-1925).
    Manuel Lago González.
  72. Julián de Diego García de Alcolea (1925-1927).
  73. Zacarías Martínez Núñez, O.S.A. (1928-1933).
  74. Tomás Muniz Pablos (1935-1948)
  75. Fernando Quiroga Palacios (1949-1971). Cardeal da Igrexa Romana
  76. Carmelo Ballester Nieto (1971-73). Bispo de Vitoria e preconizado arcebispo de Santiago, faleceu antes de tomar posesión.
  77. Ángel Suquía (1973-1983).
  78. Antonio María Rouco Varela (1984-1994)
  79. Julián Barrio Barrio (1996–) Actualmente no cargo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Á morte de Xelmírez, por influencia real, foi nomeado arcebispo o Bispo de Salamanca, Don Berenguel. Aínda que se trasladou a Santiago e gobernou a diocese case dous anos, non foi confirmado o seu nomeamento polo papa. Non pode ser considerado Arcebispo de iure, mais si de facto
  2. Fillo do anterior, elixido co apoio de Fernando o Católico conseguiu que fose aprobado o seu nomeamento polo papa Xulio II. Entre ambos mandatos estableceuse un mandato de transición na figura do arcebispo Pedro Luis de Borja (sobriño do papa Borxia Alexandre VI) entre o 28 de agosto e o 23 de outubro de 1507, co fin de salvar a prohibición de que un fillo sucedera o pai nunha cadeira episcopal. O arcebispado non o inclúe na súa lista

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]