Primeiro Concilio de Braga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O I Concilio de Braga foi un concilio que tivo lugar na cidade homónima do Norte de Portugal (entón capital do reino dos Suevos), entre o 1 de maio de 561 e 563, por ordenamento do rei Teodomiro, tendo sido presidido por Martiño de Dumio, bispo titular de Braga e de Dume. Acudiron bispos da Gallaecia e do norte da Lusitania.

Tivo o apoio do Papa Xoán III, e declarou anatema todos aqueles que acreditasen en doutrinas de tipo maniqueísta, como os priscilianistas.

O concilio remarcou a doutrina da Santa Trindade, segundo a cal hai un só Deus que existe en tres persoas: Pai, Fillo e Espírito Santo, contrariamente á afirmación priscilianista de que só existía unha persoa.

Así mesmo lembrou a crenza católica da existencia de Deus Fillo antes de nacer da Virxe María.