Juan Pardo de Tavera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Cardeal Tavera pintado por El Greco.

Juan Pardo Tavera, nado en Toro (provincia de Zamora) o 16 de maio de 1472 e finado en Toledo o 1 de agosto de 1545, foi un relixioso castelán, arcebispo de Santiago de Compostela e de Toledo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado en Leis e Teoloxía, sobriño do bispo Diego de Deza, foi Conselleiro da Inquisición española e Reitor da Universidade de Salamanca a principios do século XVI. No ano 1514 foi nomeado Bispo de Ciudad Rodrigo. Nesta época traballou preto da Corte de Carlos V e obtivo da súa man o Bispado na diocese de Osma. Presidiu o Consello de Castela e a Chancelería de Valladolid. A súa dedicación á Coroa permitiulle chegar a obter o arcebispado da arquidiocese de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo que presidía as Cortes de Toledo e as de Valladolid no ano 1525.

Obtivo o cardealato o 22 de febreiro de 1531 polo papa Clemente VII e, tres anos máis tarde obtivo a arquidiocese primada de Toledo. Renunciou ao Consello de Castela para facerse cargo do posto de Inquisidor xeral no ano 1539.


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Francisco Ruiz
Bispo de Ciudad Rodrigo
1514 - 1523
Sucesor:
Pedro Portocarrero
Predecesor:
Alfonso Enríquez
Bispo do Burgo de Osma
1523 - 1524
Sucesor:
Juan García Loaysa
Predecesor:
Alonso III de Fonseca
Arcebispo de Santiago de Compostela
1525 - 1534
Sucesor:
Pedro Gómez Sarmiento
Predecesor:
Alonso III de Fonseca
Arcebispo de Toledo
15341545
Sucesor:
Juan Martínez Silíceo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]