Pedro Gómez Sarmiento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Gómez Sarmiento
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 1478 en Ribadeo
Pasamento 31 de outubro de 1541 en Lucca
Ordes
Consagración episcopal 1523
Creado cardeal 1538, por Paulo III
Arcebispo de Santiago de Compostela
Cardeal-Presbítero de Santi XII Apostoli
1534 - 1541
Predecesor Juan Pardo de Tavera
Sucesor Gaspar Ávalos de la Cueva
Cargos anteriores Bispo de Tui (1523-1524)
Bispo de Badaxoz (1524-1525)
Bispo de Palencia (1525-1534)
Administrador de Anagni (1541)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Pedro Gómez Sarmiento y de Ulloa, nado en Ribadeo en 1478 e falecido en Lucca, Italia o 31 de outubro de 1541 foi un cardeal galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi bispo de Tui, Badaxoz, Palencia, (1525-1534), e arcebispo de Santiago de Compostela, (1534-1541). Foi nomeado cardeal polo papa Paulo III o 18 de outubro de 1538, durante o reinado de Carlos I. En Roma usaba o Pazo do Cardeal Altemps, sede de cardeais españois na Roma renacentista, que ostentaban a denominación cardealicia de Santiago.

Irmán de Alonso Sarmiento (prior de Aracena, Huelva), a monxa María Sarmiento e de Ana Sarmiento, esposa de Alonso de Aragón, Conde de Ribagorza e Duque de Villahermosa.

Non convén confundir con: