Coiraza
- Para outro significado, véxase Coiraza (tartarugas).
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |
A coiraza,[1] termo derivado do latín coiracea, feminino de coiraceus, "de coiro", é unha peza da armadura, ríxida, que pode estar confeccionada con matariais moi diversos, entre eles ferro, bronce, aceiro, coiro endurecido ou até madeira, deseñada para a protexer o torso.
Orixinalmente tratábase dunha soa peza pectoral de coiro,[2] moldeada coa forma desexada.
Por extensión, tamén se chaman coirazas as armaduras formadas por dúas pezas feitas de coiro ou metal.
Índice |
Descrición [editar]
Unha coiraza consistía nunha armadura ríxida para protexer o torso dun soldado ou guerreiro. Habitualmente compñíase de dúas partes: unha para protexer o peito, denominada peto [3] ou plastrón,[4] e outra para a espalda, o espaldar, aínda que tamén, como no caso da lorica segmentata romana, podía ter reforzos nos flancos do pescozo e nas ombreiras, para protexer os deltoides.
Sobre as coirazas de coiro podíanse coser elementos metálicos, tiras de coiro para reforzala ou mallas de ferro entretecidas (cotas [5] e cotas de malla).
Galería de imaxes [editar]
Notas [editar]
- ↑ coiraza no dicionario da RAG.
- ↑ De onde deriva o seu nome.
- ↑ peto no dicionariuo da RAG.
- ↑ plastrón no dicionartio da RAG.
- ↑ cota no dicionario da RAG.