Araña de xardín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Araña de xardín
Araneus diadematus.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Arachnida
Orde: Araneae
Familia: Araneidae
Xénero: Araneus
Nome científico
Araneus diadematus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A araña de xardín é unha especie moi coñecida de araña en todo o occidente de Europa e en boa parte de Norteamérica. Tamén está presente en Galicia.

[editar] Descrición

Os individuos de araña de xardín presentan unha ampla variedade cromática, dende o amarelo claro ao gris moi escuro, pero todas elas teñen unhas características manchas brancas na parte exterior do abdome. Estas manchas dispóñense en liña ao longo da parte máis elevada do abdome, e van decrecendo de tamaño conforme se achegan ao extremo da araña. Estas manchas brancas, que dividen o abdome en cinco segmentos e que adquiren o aspecto dunha cruz, son depósitos de guanina.

[editar] Comportamento

A araña de xardín e boa tecelá e aliméntase de insectos voadores. A súa trabada non é perigosa para os seres humanos. Cando se sente ameazada, a araña de xardín recolle os seus membros ata formar unha pequena unidade compacta.

[editar] Galería de imaxes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas