Apis (constelación)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Apis (homónimos).
Musca, no seu nome orixinal Apis – A Abella, foi introducida no século XVII para recha-los espazos sen catalogar ó redor do polo sur. Coma consecuencia do descoñecemento polas culturas antigas desta constelación non hai mitoloxía referente a mesma. En 1752, Nicolas Louis de Lacaille cambiarialle-lo nome a Musca Australis coma contrapartida da tamén desaparecida constelación de Musca Borealis (constelación que tamén foi coñecida coma Apes ou Vespa) que existía no hemisferio norte celeste. Na actualidade o seu nome é simplemente Musca.
Citas [editar]
- Shane Horvatin. "Obsolete Constellations: Apis" (en inglés). http://www.pa.msu.edu/people/horvatin/Astronomy_Facts/obsolete_pages/apis.htm. Consultado o 9/11/2007.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Nomes Obsoletos de Constelacións |
|
Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias |