Vespa (constelación)
Vespa (avespa en latín) foi o nome usado por Jakob Bartsch no 1624 para a constelación, hoxe en día obsoleta, que se chamaba orixinalmente Apes (posiblemente un erro deletreando Apis, Latín para abella) por parte Petrus Plancius cando a creou no 1612. Estaba feita a partir dun pequeno grupo de estrelas, situadas entre as constelacións de Aries e Perseus. Foi renomeada por Bartsch posiblemente nunha tentativa de remata-la confusión con outra constelación, creada por Plancius no 1598, que foi chamada Apis por Bayer no 1603. Plancius chamoulle a esta nova constelación Muia (Grego para mosca) no 1612, e antes fora chamada co nome de Musca (Latín para mosca) por Blaeu no 1602, evidentemente Bayer descoñecía estes problemas co nome. Máis tarde a constelación seria chamada Musca Borealis para diferenciala da actual Musca, tamén coñecida na antigüidade coma Musca Australis.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- http://www.pa.msu.edu/people/horvatin/Astronomy_Facts/obsolete_pages/vespa.htm (en inglés)
- http://www.ianridpath.com/startales/muscaborealis.htm (en inglés)
| Nomes Obsoletos de Constelacións |
|
Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias |