Arteria radial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arterias do membro superior

A arteria radial é unha arteria do membro superior humano situada no compartimento anterior do antebrazo. É unha póla da arteria umeral.

Traxecto e relacións[editar | editar a fonte]

Percorre a zona lateral do antebrazo. Na zona proximal vai por debaixo do músculo braquiorradial, para despois pasar por fóra do nervio radial e finalmente por dentro do tendón do músculo braquiorradial. Posteriormente entra no pulso pola zona lateral, dirixíndose cara as bases dos metacarpianos I e II. Xa na man, as diversas pólas colaterais alimentan o dedo polgar e a cara lateral do dedo índice.

No antebrazo, a arteria radial dá lugar a tres pólas:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.