Músculo pronador redondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pronator-teres.png

O músculo pronador redondo é un músculo do membro superior humano situado na rexión anterior do antebrazo.

Índice

Orixe e insercións [editar]

A súa orixe áchase no epicóndilo medial do úmero e na crista supracondílea do mesmo óso. Algunhas febras parten do bordo medial da apófise coracoide do cúbito. A inserción caudal localízase na superficie lateral da diáfise radial.

Función [editar]

Pronación.

Inervación [editar]

É inervado polo nervio mediano.

Vascularización [editar]

Recibe pólas da arteria radial e da arteria cubital.