Músculo flexor común superficial dos dedos da man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculo flexor común superficial dos dedos da man

O músculo flexor común superficial dos dedos da man é un músculo do membro superior humano situado na rexión anterior do antebrazo. Está situado nun plano intermedio.

Orixe e insercións[editar | editar a fonte]

Este músculo posúe dúas grandes porcións:

  • Unha porción umerocubital, que se orixina no epicóndilo medial do úmero e na zona próxima do bordo medial da apófise coracoide do cúbito.
  • Unha porción radial, que se orixina na liña oblicua anterior do radio.

Entre ambas as porcións discorren o nervio mediano e a arteria cubital. Na zona próxima ao pulso divídese en catro tendóns, que pasan polo túnel do carpo e se dirixen aos dedos segundo a quinto. Os tendóns para o II e V dedo van por debaixo do III e IV. Preto das falanxes, cada tendón se divide en dous, que se insiren en ambos os bordos da falanxe media.

Función[editar | editar a fonte]

É un flexor da articulación metacarpofalánxica, interfalánxica proximal de cada dedo e da articulación do pulso.

Innervación[editar | editar a fonte]

É innervado polo nervio mediano.