Músculo flexor ulnar do carpo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O flexor ulnar do carpo, flexor cubital do carpo ou músculo cubital anterior é un músculo do membro superior humano, situado no compartimento anterior do antebrazo.
Índice |
Orixe e insercións [editar]
A orixe do músculo localízase no epicóndilo medial do úmero, e no olécranon e bordo posterior do cúbito. A inserción caudal áchase no óso pisiforme do carpo. Dende este óso, ancórase ao carpo a través dos ligamentos pisiganchudo e pisimetacarpiano, que se insiren no óso ganchudo e na base do V metacarpiano.
Función [editar]
Flexiona e aduce a articulación do pulso.
Inervación [editar]
É inervado polo nervio cubital, que recibe achegas de C7, C8 e T1.
Vascularización [editar]
É vascularizado pola arteria cubital.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||