Músculo extensor longo do polgar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O músculo extensor longo do polgar é un músculo do membro superior humano, pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.
Orixe e insercións [editar]
A súa orixe áchase na superficie posterior do cúbito e na membrana interósea. Insírese na superficie dorsal da falanxe distal do polgar. Forma parte do bordo medial da tabaqueira anatómica no pulso.
Función [editar]
Extende todas as articulacións do dedo polgar.
Inervación [editar]
É inervado polo nervio interóseo posterior.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||