Anterior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En fonética, chámaselle anterior ao fonema que se realiza na parte de diante da cavidade bucal, por oposición aos fonemas posteriores, que se realizan na parte de atrás.

  • Do punto de vista articulatorio, a lingua avanza na parte de diante da boca, ao tempo que se levanta en dirección do padal duro, polo que as vogais anteriores tamén se chaman palatais. En galego son [i], [e] e [ɛ].