Músculo braquiorradial
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O músculo braquiorradial ou músculo supinador longo é un músculo do membro superior humano. Insírese cranialmente no úmero e caudalmente no radio.
Índice |
Orixe e insercións [editar]
A orixe do músculo áchase na zona proximal da crista supracondílea do úmero. Insírese na apófise estiloide do radio. A medida que percorre o antebrazo, forma o límite lateral da fosa do cóbado.
Relacións [editar]
Ao longo do percorrido cobre o nervio radial, que o inerva. Na fosa do cóbado cobre a bifurcación deste nervio. Nas zonas máis distais soamente cobre á póla superficial, que discorre xunto á arteria radial.
Función [editar]
Flexor accesorio do cóbado cando o antebrazo está en pronación media.
Inervación [editar]
É inervado polo nervio radial, antes da bifurcación deste nunha póla superficial e noutra fonda.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||