Músculo extensor curto do polgar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculo extensor curto do polgar

O músculo extensor curto do polgar é un músculo do membro superior humano, situado no compartimento posterior do antebrazo.

Orixe e insercións[editar | editar a fonte]

A súa orixe áchase na superficie posterior do radio e na membrana interósea. Sae pegado ao músculo abdutor longo do polgar para despois inserirse na superficie dorsal da base da primeira falanxe. No pulso, forma parte do bordo lateral da tabaqueira anatómica.

Función[editar | editar a fonte]

Extende a articulación metacarpofalánxica do polgar e pode extender a articulación carpometacarpiana do polgar.

Inervación[editar | editar a fonte]

Está inervado polo nervio interóseo posterior.