Nervio mediano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervio mediano
Nerves of the left upper extremity.gif
Diagrama da Gray's Anatomy, representanto os nervios periféricos do membro superior, aparecendo o nervio mediano entre outros
Latín nervus medianus
Gray: subject #210 938
Inervación    Compartimento anterior do antebrazo (con dúas excepcións), Eminencia tenar, lumbricais, pel da man
Proveniente de: Fascículo lateral e Fascículo medial
MeSH Median+Nerve

O nervio mediano é unha póla terminal do plexo braquial. Está formado por dous feixes, un externo que procede do tronco secundario superior, e un interno que procede do tronco secundario inferior. O nervio fórmase na axila, vai pola parte interna do brazo e chega ata o cóbado pola corredoira bicipital. Despois diríxese á rexión anterior do antebrazo e ocupa o espazo entre o flexor común superficial e o flexor común fondo dos dedos. Chega á man entre ambos flexores e pasa a través da corredoira flexora interna. Xa na man dá lugar a seis pólas terminais.

Pólas colaterais[editar | editar a fonte]

Saen do nervio dende axila ata a man.

Estas pólas constitúen o eixo neuromuscular do nervio mediano no antebrazo.

Pólas terminais[editar | editar a fonte]

As seis pólas distribúense pola man:

  • Primeira póla: motora pura, inerva aos músculos da eminencia tenar (abdutor curto do I dedo, flexor curto do I dedo, oponente do I dedo).
  • Segunda póla: sensitiva, dá a primeira colateral palmar.
  • Terceira póla: dá a segunda colateral palmar.
  • Cuarta póla: é mixta, cun compoñente motor para o primeiro músculo lumbrical e cun compoñente sensitivo que son a terceira colateral palmar e dorsal.
  • Quinta póla: é mixa, cun compoñente motor para o segundo músculo lumbrical e cun compoñente sensitivo que son a cuarta e quinta colaterais palmares e dorsais.