Músculo abdutor longo do polgar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Músculo abdutor longo do polgar | |
|---|---|
| Extremidade frontal superior do brazo (o músculo abdutor longo do polgar está indicado na parte superior esquerda). | |
| Músculos e tendóns do pulso (o abdutor longo e curto do polgar pode ser visto na parte central dereita, en dirección ao polgar). | |
| Latín | musculus abductor pollicis longus |
| Gray's | subject #125 455 |
| Orixe | ulna, proceso estiloide radial. |
| Inserción | Primeiro metacarpo |
| Vascularización | |
| Inervación | Nervo interóseo posterior. |
| Accións | Abdución, extensión do polgar. |
| Dorlands /Elsevier |
12548315 |
O músculo abdutor longo do polgar é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.
Orixe e insercións [editar]
A súa orixe áchase na superficie posterior das partes proximais de radio e cúbito e extende febras á membrana interósea. O seu tendón aparece entre o músculo extensor dos dedos e o músculo extensor radial curto do carpo, para inserirse na superficie lateral da base do primeiro metacarpiano. O tendón forma parte do bordo lateral da tabaqueira anatómica no pulso.
Función [editar]
Abduce o dedo polgar, ao abducir a articulación entre o primeiro metacarpiano e o trapecio. Tamén funciona coma extensor accesorio do dedo polgar.
Inervación [editar]
É inervado polo nervio interóseo posterior.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||