Músculo palmar longo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculo palmar longo

O músculo palmar longo é un músculo do membro superior humano. Está situado no compartimento anterior do antebrazo, situado entre o músculo flexor ulnar do carpo e o músculo flexor radial do carpo. Posúe un tendón longo, que se estende ata a man.

Insercións[editar | editar a fonte]

A súa orixe localízase no epicóndilo medial do úmero. A súa inserción final áchase na aponeurose palmar da man.

Función[editar | editar a fonte]

Flexiona o pulso.

Innervación[editar | editar a fonte]

É innervado polo nervio mediano.