Nervio radial
| Nervio radial | |
|---|---|
| Os nervios suprascapular, axilar e radiais. | |
| Latín | nervus radialis |
| Gray: | subject #210 943 |
| Inervación | Compartimento posterior do brazo, Compartimento posterior do antebrazo |
| Proveniente de: | Fascículo posterior |
| Ramas | Nervio interóseo posterior |
| MeSH | Radial+Nerve |
O nervio radial é un nervio do membro superior procedente do tronco secundario posterior. É un nervio mixto e é o único eixo extensor da porción apendicular do membro superior. O nervio radial atopámolo na axila e desde alí diríxese primeiro á parte interna do brazo e logo á posterior pasando pola canle radial do úmero. Despois vai á parte externa do epicóndilo e divídese en dúas pólas: anterior, que é sensitiva pura e unha posterior que é motora pura.
Índice |
Relacións [editar]
Na axila por fóra ten o nervio circunflexo e por diante ten as pólas anteriores do plexo braquial: nervio musculocutáneo, nervio mediano, nervio cubital, nervio braquiocutáneo interno e o nervio accesorio, e a articulación umeral.
Sae da axila e diríxese cara a parte interna do brazo. Chega á parte media do brazo, pasa pola canle de torsión do úmero xunto coa arteria umeral fonda e dúas veas umerais fondas, constituíndo o paquete vasculo-nervioso radial do brazo. Ao saír da canle, ao nivel do cóbado, o nervio radial aproxímadr á canle bicipital exerna relacionándose coa arteria umeral fonda. Neste punto divídese en dúas pólas terminais.
Pólas colaterais [editar]
Pólas sensitivas [editar]
- Póla cutánea interna: dá sensibilidade á pel da parte interna e posterior do brazo.
- Póla cutánea externa: dá sensibilidade á pel da parte posterior e externa do brazo.
- Póla para o cóbado.
Pólas motoras [editar]
- Póla para a porción longa do bíceps.
- Póla para o vasto externo.
- Póla para o vasto interno.
- Póla para o músculo ancóneo.
Tamén inerva dous músculos do antebrazo: o músculo supinador longo e o músculo primeiro radial externo.
Pólas terminais [editar]
Póla anterior [editar]
É sensitiva. Sitúase entre o supinador longo e o palmar maior. Forma o paquete vasculonervioso radial do antebrazo xunto coa arteria radial e dúas veas satélite radiais. Esta póla pasa pola parte externa do carpo e faise posterior. Despois dá dúas colaterais dorsais para aos dedos. Tamén da inervación sensitiva á parte antero-externa do antebrazo e anastomósase co nervio cubital.
Póla posterior [editar]
É motora. Atópase entre os fascículos do supinador longo. Desde alí, diríxese á parte posterior do antebrazo, a través da cal accede á man. Nela, inerva aos seguintes músculos:
- Segundo radial externo
- Supinador longo
- Extensor común dos dedos
- Extensor propio do V dedo
- Cubital posterior
- Excepcionalmente, ancóneo
- Abductor longo do I dedo
- Extensor curto do I dedo
- Extensor longo do I dedo
- Extensor propio do II dedo
- Abductor curto do I dedo