Vea cefálica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vea cefálica
Veas superficiais do membro superior
Sección transversal no medio do brazo(Vea cefálica anotada na esquina superior da esquerda)
Latín vena cephalica
Orixe Veas fondas da man
Drena en vea axilar, vea mediana cubital
Arteria deltoid branch of thoracoacromial artery

A vea cefálica é unha vea do membro superior humano, pertencente á axila. É unha vea superficial que drena as superficies poteriores e laterais da man, do antebrazo e do brazo. No ombreiro pasa a través dunha fendidura triangular situada entre o músculo deltoide, pectoral maior e a clavícula. Na parte superior do triángulo, a vea cefálica atópase por debaixo do pectoral maior e fura a fascia clavipectoral para desembocar na vea axilar.

A vea cefálica é unha das veas que con maior frecuencia se emprega para extraer sangue e incorporar substancias ó organismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior. (en castelán)