Antonio Jesús Vázquez Muñoz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Antonio Jesús Vázquez Muñoz | ||
| Nacemento | 18 de xaneiro de 1980 (32 anos) | ||
| Lugar | Santa Olalla del Cala, España | ||
| Altura | 1,82 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Deportivo da Coruña | ||
| Número | 20 | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1999–2002 | Extremadura | 74 | (9) |
| 2002–2006 | Tenerife | 147 | (13) |
| 2006–2011 | Recreativo | 175 | (16) |
| 2011– | Deportivo da Coruña | 15 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 11 de marzo de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Antonio Jesús Vázquez Muñoz, nado en Santa Olalla del Cala (Huelva) o 18 de xaneiro de 1980, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Deportivo da Coruña.
[editar] Traxectoria
En 1999 iniciouse no CF Extremadura, club no que permaneceu até 2002. Ese ano foi contratado polo CD Tenerife, que estaba recén descendido a Segunda División. Fixo o seu debut en Soria, nunha eliminatoria de Copa ante o CD Numancia, en setembro de 2002. Foi un dos xogadores máis utilizados por tódolos adestradores que pasaron polo Tenerife, case sempre sendo titular.
Despois de catro tempadas no Tenerife, en 2006 foi contratado polo Recreativo de Huelva, entón en Primeira División.
O 28 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña.