Juan Carlos Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Carlos
Información persoal
Nome Juan Carlos Real Ruíz
Nacemento 15 de marzo de 1991 (33 anos)
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,75 m.
Posición Mediapunta
Información de club
Club actual Huesca
Número 22
Carreira xuvenil
2000–2001 Victoria
2001–2010 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2013 Deportivo B 115 (28)
2012–2015 Deportivo da Coruña 31 (3)
2013Huesca (cedido) 10 (1)
2015 Tenerife 19 (1)
2016–2017 CFR Cluj 39 (7)
2017–2018 Tenerife 31 (5)
2018–2019 Almería 39 (10)
2019– Huesca 59 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de novembro de 2021
editar datos en Wikidata ]

Juan Carlos Real Ruíz, máis coñecido como Juan Carlos, nado na Coruña o 15 de marzo de 1991, é un futbolista galego. Xoga de mediapunta no Huesca, da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Canteira do Deportivo e Fabril (2001-2013)[editar | editar a fonte]

Nado na Coruña en 1991, Juan Carlos é froito da canteira do principal equipo da súa cidade, o Deportivo da Coruña, ao que chegou procedente procedente do Victoria CF cando aínda estaba na idade de alevín.[1] Desde entón foi progresando por todas as categorías inferiores do club herculino. Na tempada 2009–10 empezou a xogar no Deportivo B, que naquel entón militaba na Terceira División, conseguindo no seu ano de debut o ascenso a Segunda División B, con Tito Ramallo no banco. Na tempada 2010–11, xa na categoría de bronce e con tan só 19 anos, converteuse nun xogador imprescindible para o filial branquiazul, chegando a xogar 36 partidos e marcando 4 goles. Aínda así, o Dépor B, no que xogaban entre outros Diego Rivas, Raúl Carnero, Insua, Rochela, Dani Rodríguez, Añón e Jona, non puido conseguir a permanencia, volvendo outra vez a Terceira. O 22 de xullo de 2011 chegoulle a oportunidade de debutar co primeiro equipo nun amigable de pretemporada, contra o Viveiro CF, onde formou no medio do campo xunto a Jesús Vázquez.[1]

Deportivo da Coruña e primeira etapa no Huesca (2013-2015)[editar | editar a fonte]

Na tempada 2011–12 conseguiu marcar un total de 15 goles co Fabril. O bo rendemento fixo que debutara co primeiro equipo en partido oficial, sendo o seu primeiro encontro un partido de Copa do Rei, na vitoria do Dépor fronte o Girona FC (5–1) o 7 de setembro de 2011. En Segunda División, o seu debut produciuse no derradeiro partido da campaña 2011–12, co equipo xa proclamado campión, na vitoria fronte o Villarreal B a domicilio (0–1).

O 14 de xaneiro de 2013, no mercado de inverno, marchou cedido ao SD Huesca até o final da tempada 2012–13. No conxunto aragonés participou en 10 partidos, conseguindo marcar o seu primeiro gol como profesional nunha vitoria (2–1) do Huesca ante o Numancia en Los Pajaritos, onde bateu ao gardameta Iago Herrerín.[2]

Tras o descenso de Deportivo a Segunda División, para a tempada 2013–14 Juan Carlos regresou ao club coruñés, onde o adestrador Fernando Vázquez lle deu bastantes minutos de xogo. Chegou a participar en 29 partidos, 19 deles como titular, sobre todo cara ao final da tempada, cando o seu equipo se xogaba o ascenso á Primeira División, obxectivo que conseguiu vencendo na penúltima xornada ao Real Jaén.[3]

Primeira etapa no Tenerife e paso por Romanía (2015-2017)[editar | editar a fonte]

Na tempada 2014/15, co equipo en Primeira e con Víctor Fernández no banco, non contou apenas con minutos, polo que en xaneiro rescindiu o seu contrato co club e fichou polo CD Tenerife.[4][5] No equipo canario xogou 19 partidos ata o final da tempada, marcando un gol. Despois de rematar o seu contrato e estar uns meses sen equipo, en xaneiro de 2016 asinou co CRF Cluj romanés.[6] Uns meses despois da súa chegada, disputou a final da Copa de Romanía contra o Dinamo de Bucarest no Arena Națională. Marcou o primeiro gol do seu equipo e, despois de que o partido acabase 2-2, anotou o lanzamento decisivo na quenda de penaltis, dándolle así o cuarto título de Copa ao seu club.[7]

Segunda etapa no Tenerife e Almería (2017-2019)[editar | editar a fonte]

Tras unha segunda tempada en Romanía, regresou á disciplina do Tenerife en xullo de 2017, asinando un contrato por dous anos.[8] Foi titular durante a primeira parte da tempada 2017/18 con Pep Martí como adestrador, marcando 8 goles, pero trala chegada ao banco de Andoni Etxeberria foi relegado á suplencia, polo que ao remate da campaña rescindiu o seu contrato.[9]

Fichou entón polo Almería, realizando unha gran campaña na Segunda División, disputando como titular case todos os partidos e marcando 10 goles.[10]

Segunda etapa no Huesca (2019-actualidade)[editar | editar a fonte]

No verán de 2019 fichou polo Huesca, comezando así a súa segunda etapa no equipo aragonés. No equipo adestrado por Míchel coincidiu cos tamén galegos Mosquera, Ferreiro e o seu excompañeiro no Fabril Insua, e proclamouse campión da categoría, no que foi o segundo ascenso á Primeira División da historia do club.[11] Na seguinte campaña disputou só 15 partidos, case todos como suplente, pero renovou o seu contrato por dúas campañas máis.[12]

Selección galega[editar | editar a fonte]

Foi convocado pola selección galega nas categorías sub-16 e sub-18.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo
CFR Cluj
Huesca

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Otero, Marcos (2 de agosto de 2011). "El otro Juan Carlos del Dépor". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  2. "El Huesca aprovecha los errores del Numancia". Marca (en castelán). 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  3. Piñeiro, Miguel (1 de xuño de 2014). "El Deportivo consuma su ascenso a Primera división tras ganar al Jaén". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  4. "Juan Carlos Real e o Deportivo asinaron esta mañá a resolución do contrato do futbolista". 26 de xaneiro de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  5. "Juan Carlos, nuevo jugador del CD Tenerife" (en castelán). 26 de xaneiro de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  6. Antelo, Iván (19 de xaneiro de 2016). "Juan Carlos firma por el Cluj rumano". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  7. "Juan Carlos y Cristian López llevan al Cluj a la conquista de la Copa". La Vanguardia (en castelán). 17 de maio de 2016. Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  8. "El CD Tenerife hace oficial el regreso de Juan Carlos Real" (en castelán). 10 de xullo de 2017. Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  9. Rodríguez, Joel (17 de abril de 2019). "Juan Carlos Real: "Sin explicación pasé al cero absoluto"" (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  10. Navarro, Edgar (31 de xullo de 2019). "Juan Carlos regresa al Huesca" (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  11. "¡Vuelve a LaLiga! El Huesca acompaña al Cádiz y asciende a Primera División" (en castelán). 17 de xullo de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  12. "Juan Carlos regresa a la SD Huesca" (en castelán). 23 de agosto de 2021. Consultado o 17 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]