Ayoze Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ayoze
Información persoal
Nome completo Ayoze Díaz Díaz
Nacemento 25 de maio de 1982 (32 anos)
Lugar La Laguna, España
Altura 1,75 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Tenerife
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2002 Tenerife B
2001–2002 Lanzarote (cedido)
2000–2003 Tenerife 39 (0)
2003–2008 Racing de Santander 98 (3)
2006–2007 C. de Murcia (cedido) 34 (1)
2008–2011 Mallorca 67 (0)
2011–2013 Deportivo da Coruña 41 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 2 de setembro de 2013.
† Aparicións (Goles)

Ayoze Díaz Díaz, nado en San Cristóbal de la Laguna (Santa Cruz de Tenerife) o 25 de maio de 1982, é un futbolista español. Xoga de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse no fútbol no equipo do seu barrio, o Geneto, onde foi adestrado polo seu pai. Anos máis tarde o CD Tenerife fíxase nel e o incorpora nas súas categorías inferiores, debutando co CD Tenerife B na campaña 1999–00 e posteriormente no primeiro equipo.

Posteriormente, o xogador canario recalou no Racing de Santander en xullo de 2003 firmando por cinco tempadas. O seu debut foi contra o Ciudad de Murcia, equipo ao que foi cedido durante a tempada 2006–07. Rematou o seu contrato co Racing o 30 de xuño de 2008, e foi contratado polo RCD Mallorca o 5 de xullo dese mesmo ano.[1]

O 22 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña por tres tempadas.[2] O 2 de setembro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo, logo de 41 partidos co conxunto coruñés.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]