Alzira (Verdi)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alzira
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos cun prólogo
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Salvatore Cammarano
Fontes literarias Baseada na obra de teatro Alzire, ou les Américains, de Voltaire.
Estrea 12 de agosto de 1845
Teatro da estrea Teatro San Carlo
Lugar da estrea Nápoles
Música
Compositor Giuseppe Verdi
Localización da partitura Archivio Storico Ricordi, Milán
Personaxes

Alvaro (baixo)
Gusmano (barítono)
Ovando (tenor)
Zamoro (tenor)
Ataliba (baixo)
Alzira (soprano)
Zuma (mezzosoprano)
Otumbo (tenor)

Alzira é unha ópera nun prólogo e dous actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na obra de teatro Alzire, ou les Américains de Voltaire. A súa estrea tivo lugar no Teatro San Carlo de Nápoles o 12 de agosto de 1845, non tendo demasiado éxito, á parte da estrea só houbo catro representacións máis, sendo a derradeira o 21 de agosto dese mesmo ano.[1]

Esta ópera case non se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha soa representación no período 2005-2010.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 12 de agosto de 1845
(Director: - )
Alvaro, pai de Gusmano, inicialmente gobernador do Peru baixo Marco Arati
Gusmano, gobernador de Peru barítono Filippo Coletti
Ovando, un duque español tenor Ceci
Zamoro, líder dunha tribo peruana tenor Gaetano Fraschini
Ataliba, líder dunha tribo peruana baixo Michele Benedetti
Alzira, filla de Ataliba soprano Eugenia Tadolini
Zuma, súa empregada mezzosoprano Maria Salvetti
Otumbo, un guerreiro americano tenor Francesco Rossi
Oficiais e soldados Españois, americanos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schlitzer, Franco, "Verdi's Alzira at Naples" (April 1954). Music & Letters, 35 (2): pp. 125-127.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: