El Ejido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEl Ejido
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°46′59″N 2°49′00″O / 36.783055555556, -2.8166666666667Coordenadas: 36°46′59″N 2°49′00″O / 36.783055555556, -2.8166666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Almería Editar o valor em Wikidata
CapitalEl Ejido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
El Ejido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación89.975 (2023) Editar o valor em Wikidata (396,37 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie227 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude80 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoFrancisco Gongora Cara (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal04700 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE04902 Editar o valor em Wikidata

Páxina webelejido.es Editar o valor em Wikidata
Imaxe de satélite do Campo de Dalías.
Torre Laguna.

El Ejido é concello e cidade española da provincia de Almería, na comunidade autónoma de Andalucía, situada na comarca do Poniente Almeriense, a 32 km da capital de provincia, Almería.

En 2011 tiña 83.774 habitantes e era o terceiro municipio máis poboado da provincia por detrás de Almería e Roquetas de Mar. A súa extensión superficial é de 227 km² e ten unha densidade de 376,16 hab/km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Noroeste: Dalías Norte: Dalías Nordés: Dalías e Vícar
Oeste: Berja Leste: La Mojonera
Suroeste: mar Mediterráneo Sur: mar Mediterráneo Sueste: Roquetas de Mar

O termo municipal de El Ejido atópase na comarca do Poniente Almeriense, entre o sistema montañoso da Serra de Gádor ao norte e o mar Mediterráneo ao sur. A súa xeografía está constituída principalmente por unha planicie de 45 msnm de altitude, que sofre lixeiras ondulacións (outeiros e valgadas), sendo a vexetación orixinaria de arbustos (esparto, oliveira brava, lentisco etc). A franxa costeira do municipio, de 27 quilómetros de lonxitude, posúe zonas húmidas de importancia ecolóxica.

Limita ao norte co municipio de Dalías, ao leste cos municipios de Roquetas de Mar, La Mojonera e Vícar, ao oeste co de Berja e ao sur co mar Mediterráneo.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima da comarca é mediterráneo, con invernos suaves (12 °C) e veráns calorosos (28 °C). As precipitacións son escasas (286 mm anuais), e acumúlanse no outono, inverno e primavera, sendo os meses máis húmidos decembro e xaneiro.

Historia[editar | editar a fonte]

En tempos antigos, os primeiros habitantes de Murgi proviñan do Cerrón de Dalías. El Ejido ten a súa orixe nos pastores e agricultores que se estableceron no Campo de Dalías para explotar os seus recursos, case todos procedían da Alpujarra. Na década dos 50 do século XX, El Ejido non tiña máis de 3.000 habitantes, e é en 1956 cando o Instituto Nacional de Colonización no Campo de Dalías realiza diversos ensaios sobre a aplicación dos enarenados na zona.

Estes ensaios son exitosos e é a partir de 1961 cando se implantan de forma xeral os enarenados baixo invernadoiro, ademais doutros sistemas como o sistema de rega por goteo, inventado en Israel. A poboación do Campo de Dalías creceu a un ritmo imparable, así como a súa prosperidade económica como consecuencia dos anteriores factores.

El Ejido pertencía ao municipio de Dalías, ata que en 1981 nunha sesión plenaria e cun posterior acordo co Consello Permanente da Xunta de Andalucía trasladouse a El Ejido a capitalidade dese municipio e posteriormente en 1982 polo Real Decreto 2251/1982 de 30 de xuño establécese a segregación dos núcleos de Dalías e Celín que se constituíron nun novo municipio con capital en Dalías.[1] Actualmente, debido á gran cantidade de invernadoiros que se atopan na zona, dise que El Ejido se atopa no corazón do «Mar de plástico».

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009
47.610 50.170 51.485 53.008 55.710 57.063 61.265 63.914 68.828 75.969 78.105 80.987 84.227

O municipio divídese nos seguintes núcleos de poboación, segundo o nomenclátor de poboación publicado polo INE (Instituto Nacional de Estadística). Os datos de poboación refírense a 2010:

Entidade Pob. (2010)
Almerimar 6.246
Balerma 4.380
El Ejido 44.965
Guardias Viejas 519
Matagorda 2.242
Las Norias de Daza 9.963
Pampanico 1.230
San Agustín 3.833
Santa María del Águila 11.059
Tarambana 952

Economía[editar | editar a fonte]

El Ejido rodeado de invernadoiros.

A economía ejidense cimenta as súas bases na agricultura intensiva (invernadoiros), ao redor da cal xerouse unha rica industria auxiliar de comercialización dos produtos hortícolas a nivel nacional e internacional. Así, a produción de tomates, pementos, xudías etc. o motor da economía deste municipio, cuxo éxito reside nun control a distintos niveis: creación de sementes e patróns de estándares de consumo, control de crecemento e especialización da produción para responder ás demandas dos distintos mercados, e a xeración dunha rede de comercialización a nivel internacional para asegurar a colocación da produción.

Vista aérea do Poniente Almeriense e El Ejido rodeado de invernadoiros.

Recentemente produciuse unha transformación xeneralizada das técnicas de control de pragas dos cultivos hortícolas, de maneira que na maioría dos invernadoiros as pragas combátense mediante loita biolóxica, no canto de loita química.[2]

O turismo, concentrado na franxa costeira, constitúe outro das bases do desenvolvemento deste municipio.

Algunhas das cuestións xurdidas nos últimos anos no municipio son a sobreexplotación dalgúns dos xacementos acuíferos ou a crise crecente do modelo de comercialización e produción ante a competencia de países non europeos con custos de produción máis reducidos.

El Ejido estase convertendo no centro comercial e administrativo da comarca do Poniente Almeriense. As distintas administracións públicas e empresas privadas foron facendo investimentos para alcanzalo: El Ejido acolle o Palacio de Xustiza, Axencia Estatal da Administración Tributaria e centro da Seguridade Social e CAISS.

Política e administración[editar | editar a fonte]

Administración municipal[editar | editar a fonte]

A administración política do municipio realízase a través dun Concello de xestión democrática cuxos compoñentes elíxense cada catro anos por sufraxio universal. O censo electoral está composto por todos os residentes empadroados nel Ejido maiores de 18 anos e nacionais de España e dos outros países membros da Unión Europea.

Segundo o disposto na Lei do Réxime Electoral Xeneral, que establece o número de concelleiros elegibles en función da poboación do municipio, a Corporación Municipal de El Ejido está formada por 25 concelleiros.

Desde 2011 exerce o cargo de alcalde, Francisco Góngora Cara, do Partido Popular.

Eleccións municipais en El Ejido.[3]
Partido político 2019 2015 2011 2007
Votos % Concelleiros Votos % Concelleiros Votos % Concelleiros Votos % Concelleiros
Partido Popular (PP) 32,56% 9 48,06% 14 49,06% 13 16,00% 4
Vox 24,76% 7 0,42% 0 - - - -
Partido Socialista Obrero Español de Andalucía (PSOE-A) 18,87% 5 24,88% 7 16,07% 4 21,00% 6
Ciudadanos 13,89% 4 5,39 % 1 - - - -
Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía (IULV-CA) 4,56% 0 8,10% 2 8,10% 2 6,24% 0
Unión Progreso y Democracia (UPyD) 2,08% 0 6,25% 1 9,19% 2 - -
Partido de Almería (PAL) - - 3,28% 0 15,26% 4 51,71% 15

Alcaldes[editar | editar a fonte]

Estes son os alcaldes de El Ejido desde 1982, ano da separación entre Dalías e El Ejido:

Lista de alcaldes desde 1982
Mandato Alcalde Partido político
19821983 José Antonio García Acien UCD
19831987 Juan Callejón Baena PSOE
19871991 Juan Callejón Baena PSOE
19911995 Juan Antonio Enciso Ruiz PP
19951999 Juan Antonio Enciso Ruiz PP
19992003 Juan Antonio Enciso Ruiz PP
20032007 Juan Antonio Enciso Ruiz PP-PAL
20072011 Juan Antonio Enciso Ruiz* PAL
20112015 Francisco Góngora Cara PP
2015-2019 Francisco Góngora Cara PP

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Aljibe Daimuz, ss.XII-XIII.
  • Laimún, un monumento funerario e símbolo do municipio.
  • O gran mosaico romano de Ciavieja. Foi descuberto nunha escavación non arqueolóxica, que destruíu unha parte.
  • A Torre de Balerma.
  • O Castelo de Guardias Viejas da época de Carlos III de España.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boletín Oficial del Estado (ed.). "BOE número 104 de 2/5/1983". Arquivado dende o orixinal o 04/12/2011. Consultado o 10 de decembro de 2009. 
  2. Vídeo sobre a agricultura en el Ejido Arquivado 23 de decembro de 2009 en Wayback Machine. — Ayuntamiento de El Ejido.
  3. Ministerio do Interior (ed.). "Resultados Eleccións Municipais 2007. El Ejido". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2011. Consultado o 3 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]