Alejandro Viana Esperón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alejandro Viana Esperón, nado en Ponteareas o 16 de maio de 1877 e finado en Cidade de México en 1952, foi un industrial e político galego.

Índice

Traxectoria [editar]

Nas eleccións xerais de 1933 foi candidato pola provincia de Pontevedra por Acción Republicana, pero non foi elixido. En 1935 foi nomeado xefe provincial de Izquierda Republicana de Pontevedra e foi elixido deputado nas eleccións xerais de 1936. A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid, onde permaneceu ata 1938, cando se trasladou a Valencia e de alí a Barcelona. En 1939 marchou a París, onde traballou para o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE). Viana presentou a súa dimisión en agosto de 1939, por incompatibilidades co secretario xeral do organismo. Cando o Terceiro Reich ocupou Francia marchou a Bordeos, e cara 1941, avisado de que a Gestapo quería capturalo, marchou a Suíza e de alí a Toulon, onde embarca para Arxentina no mesmo barco que Niceto Alcalá Zamora. Pero o barco foi bombardeado en Dacar, onde tivo que desembarcar porque lle caducaba o visado. De alí foi enviado a Casablanca e internado un mes nun campo de concentración. Despois de numerosas xestións, conseguiu chegar a México. En Cidade de México rexentou unha farmacia e conseguiu a distribución de penicilina para todo México.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • "Alejandro Viana Esperón, un achegamento á súa biografía". Pregón. Revista da Festa do Corpus Christi de Ponteareas (12). 2002. 

Ligazóns externas [editar]