Río Ruhr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Ruhr
Estación fluvial en Mülheim an der Rhein
{{{lenda}}}
País Alemaña
Rexión n/d
Nacemento n/d
Altitude n/d
Lonxitude 221,2 km
Caudal medio 79 m3/s
Conca n/d
Desembocadura Río Rhin
Situación do Ruhr en Alemaña. Corre de leste a oeste

O Ruhr é un río da Alemaña, afluente do Rhin pola súa beira dereita. Ten unha lonxitude de curso de 221,2 km, cun caudal medio de 79 m3/s preto da súa foz en Duisburg, o que o torna no quinto afluente do Rhin polo seu fornecemento de augas. Tal caudal é semellante ao do inglés río Támesis.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Ruhr ten un curso de sentido leste - oeste. Nace na rexión montañosa do Sauerland, na Renania do Norte-Westphalia (Nordrhein-Westphalen), a unha altitude de 670 m. Logo dun percurso de máis de 100 km através do Sauerland, recibe o seu tributario principal, o Lenne, ao sur da cidade de Dortmund. De seguido forma o límite meridional da coñecida rexión industrial do Ruhr, densisimamente poboada (posto 42º na lista des megalópoles, con máis de 6 millóns de habitantes).

Navegabilidade[editar | editar a fonte]

O Ruhr é navegábel en 41 km, desde Mülheim an der Ruhr até Essen-Rellinghausen.

Conca[editar | editar a fonte]

A conca ou bacía do Ruhr cobre 4.485 km2.

Afluentes[editar | editar a fonte]

O máis importante dos seus tributarios é o río Lenne, que recibe pola marxe esquerda, e que alcanza 121,2 km de longo.

Cidades que atravesa[editar | editar a fonte]

O Ruhr baña primeiro as cidades de Meschede, Arnsberg, Wickede, Fröndenberg, Holzwickede, Iserlohn e Schwerte.

Logo o seu curso marca o límite meridional da área do Ruhr area, pasando polas cidades de Hagen, Dortmund, Herdecke, Wetter, Witten, Bochum, Hattingen, Essen, Mülheim e máis Duisburg, onde se xunta con o Rhin.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Ruhr