Aeroporto Franz Josef Strauß
O Aeroporto Internacional de Múnic (código IATA: MUC, código OACI: EDDM) (en alemán: Flughafen München Franz Josef Strauß) é un aeroporto bávaro situado 28 km ao noroeste de Múnic, é unha base de Lufthansa e as súas socias da Star Alliance. O aeroporto está comprendido por terreos de catro concellos: Frisinga, Oberding, Hallbergmoos e Marzling. Leva o nome do político bávaro Franz Josef Strauß. Tiña un grande interés na industria aeronáutica e as infraestruturas relacionadas, xa que era piloto privado.
En 2006 rexistrou un tránsito de 30,76 millóns de pasaxeiros, o que o converte no segundo aeroporto con máis tránsito de Alemaña e máis o séptimo de Europa. En 2006, por segundo ano consecutivo, o Aeroporto de Múnic obtivo a mención como o Mellor Aeroporto de Europa e o Terceiro Mellor do Mundo ( só por tras do Aeroporto de Singapur-Changi e o Aeroporto Internacional de Hong Kong).
Historia [editar]
Comezou a operar en 1992, cando substituíu o antigo aeroporto internacional de Múnic Riem. A súa construción comezou en 1980, unha aldea chamada Franzheim tivo que ser demolida e os seus 500 habitantes tivieron que ser reasentados noutros lugares da zona.
Debido á grande saturación que experimenta o Aeroporto de Frankfurt, unha das bases de Lufthansa, esta aeroliña opta por conectar moitas cidades a través do aeroporto de Múnic.