Historia baixomedieval de Galicia
Historia baixomedieval de Galicia | |
Mapa do Reino de Galicia de c. 1603 | |
Historia | Historia de Galicia |
Cronoloxía | Cronoloxía de Galicia |
Categoría | Historia de Galicia |
Prehistoria | |
Prehistoria de Galicia | |
Idade Antiga | |
Historia antiga de Galicia | |
Idade Media | |
Historia medieval de Galicia Historia altomedieval de Galicia Historia baixomedieval de Galicia | |
Século XII | |
1100 - 1400: Literatura galego-portuguesa 1101 - 1230: Era Compostelá 1128: Independencia de Portugal | |
Século XIII | |
1230: Fin da monarquía galego-leonesa | |
Século XIV | |
1347 - 1351: Peste Negra 1351 - 1369: Guerra civil castelá 1369 - 1453: Guerra dos Cen Anos | |
Idade Moderna | |
Historia moderna de Galicia | |
Idade Contemporánea | |
Historia contemporánea de Galicia | |
Relacionados | |
Historia | Historia da lingua galega |
Artigos | Pobo galego Reino de Galicia Historiografía do Reino de Galicia |
A época baixomedieval esténdese desde o século XI até a época da conquista de Constantinopla polos turcos e da descuberta de América, a fins do século XV. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.
Historia
[editar | editar a fonte]O fin do primeiro milenio viu certo crecemento demográfico e a repoboación de zonas cada vez máis ao sur, a través do sistema de "presura". A comezos do segundo as costas padeceron os saqueos viquingos. Desde o século IX comezaron a aparecer pequenos núcleos rurais chamados "vilas", acompañados de "vilares" e "casais", característicos todos eles do hábitat disperso. De comezos do XIII data o proceso urbanizador. As institucións eclesiásticas atinxiron un notorio poder: as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo.
Durante todo este período, as terras fóronse concentrando en mans de grandes propietarios (que, debido á acusada diseminación dos predios, non posuían "grandes propiedades") e o número de pequenos propietarios foise reducindo. Unha parte dos dominios señoriais explotábanna directamente os señores a través dun "villicus"; a outra parte por medio de servos e colonos. Incrementáronse os arroteamentos e intensificouse a horticultura; reduciuse o barbeito coa rotación trienal, introdúciuse o vesadoiro, utilízouse máis o ferro nos apeiros agrícolas e apareceron as aceas.
Desde que o reino de Galiza pasou progresivamente a depender da monarquía castelá, así como o constante desgastade da súa alta aristocracia en conflitos dinásticos que buscaban a fin da dominación castelá, acabaría esmorecendo a súa capacidade de actuación. Despois das terríbeis fames e pestes do século XIV, a conflitividade social aumentou no século XV e provocou as revoltas irmandiñas (1431-1469).
O sistema feudal
[editar | editar a fonte]A propiedade da terra constituía o elemento de diferenciación social e provocaba a necesidade de pedir protección. Esta protección pagábase encomendando terreos propios ou cedéndoos como pagamento de rendas; foise consagrando así o sistema de privilexios nobiliarquicos. A comezos do século XIII produciuse o renacemento -realmente nacemento- das cidades, relacionado ben co camiño francés (Portomarín, Melide, Arzúa), coas actividades mariñeiras (A Guarda, Baiona, Redondela, Pontevedra, Muros, Noia, Padrón, A Coruña, Betanzos, Viveiro, Ribadeo), coas sedes episcopais (Mondoñedo, Ourense) ou por outros motivos (Ribadavia).
Á beira das catedrais e dos seus cabidos apareceron os conventos das ordes mendicantes: dominicos (Santiago, Ribadavia, Tui, Lugo, Coruña, Pontevedra, Viveiro, Ortigueira) e franciscanos/clarisas (Santiago, Coruña, Ribadeo(?), Viveiro, Lugo, Ourense, Pontevedra, Betanzos, Monterrei, Noia, Pobra do Deán, Herbón, Vilabade-Castroverde, Allariz).
Á fronte dos concellos figuraban os xuíces; estaban logo os corrixidores (de carácter real) e xustizas maiores (de carácter eclesiástico) e finalmente os alcaldes e rexedores, escolleitos entre os fidalgos locais e os comerciantes. Para o conxunto, desde 1231 existiu o cargo de Meiriño Maior ("Adelantado Mayor de Galicia", ligado á familia dos Castro) con funcións gobernamentais, económicas, financeiras e xudiciais, co auxilio dos meiriños menores, dos oficiais reais e da maxistratura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Oro, José (1999). Galicia na Baixa Idade Media. Igrexa, señorío e nobreza. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-58-4. (2ª edición)
- Paredes Mirás, María del Pilar (2002). Mentalidade nobiliaria e nobreza galega. Ideal e realidade na Baixa Idade Media. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-47-5.