Xosé García Oro
Xosé García Oro, nado en Goiás (Lalín) o 5 de setembro de 1931, é un relixioso e historiador especialista en historia da baixa idade media e historia moderna do Reino de Galicia.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou nos seminarios da Orde Franciscana e en 1949 ingresou na mesma. Ordenouse sacerdote en 1956. Fixo estudos de Teoloxía e Historia en Roma e de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Paleografía e Diplomática, Historia Medieval, Historia Moderna, Lingua e Literatura latinas. Doutor en Filosofía e Letras, Teoloxía e Historia Eclesiástica.
Na vida persoal é un relixioso pertencente á orde franciscana.
Obras [editar]
Entre as súas máis de 40 obras, salientan os estudos sobre a nobreza galega na Baixa Idade Media, a Galicia dos séculos XIV e XV, unha investigación sobre as actas municipais de Baiona de Miñor, Diego de Muros e a cultura galega do século XV, Os Fonseca na Galicia do Renacemento. Especializouse en figuras como Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas, conde de Andrade e Vilalba, Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar e o Cardeal Cisneros.
En historia eclesiástica ten publicada unha historia da Igrexa galega e unha historia da arquidiocese de Santiago de Compostela e un estudo sobre a reforma dos relixiosos españois en tempo dos Reis Católicos, entre outras.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. pp. 35-36. ISBN 978-84-96368-00-2.