France Prešeren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
France Prešeren.

France Prešeren, nado en Vrba o 3 de decembro de 1800 e finado en Kranj o 8 de febreiro de 1849, foi un poeta romántico esloveno que é aclamado como o poeta nacional. O seu nome atópase ás veces xermanizado como Franz Prescheren.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa obra máis famosa, Sonetni Venec (Guirnalda de sonetos) inspirouna o seu amor infeliz por Julija Primic (xermanizado como "Julia Primitz") e a morte do seu amigo íntimo, o poeta Matija Čop (Matthias Tschop). Moitos dos versos desta obra están cheos de paixóns agre-doces. Sonetni Venec está escrito nun formato interesante: o último verso dun soneto convértese na primeira liña do seguinte, o que convirte os catorce sonetos da colección nunha "guirnalda" entreverada de liricismo emocional: un soneto non pode existir sen o outro. Os primeiros versos dos catorce sonetos forman outro soneto e as primeiras letras destas liñas forman as palabras "Primicovi Julji", "a Julija Primic". O poema de Prešeren "Zdravljica" ("Un brinde") é, desde 1991, o himno nacional esloveno.

O 8 de febreiro, data da súa morte, conmemórase como Festividade da Cultura Eslovena. A súa imaxe aparecía nos billetes de 1000 tolar eslovenos.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: France Prešeren