Émilie de Breteuil
| Émilie de Breteuil | |
|---|---|
Émilie de Breteuil |
|
| Nacemento | 17 de decembro de 1706 París |
| Morte | 10 de setembro de 1749 Lunéville Lorena |
| Residencia | |
| Nacionalidade | francesa |
| Campo | |
| Cónxuxe |
|
Émilie de Breteuil, Marquesa de Châtelet, nada en 1706 e finada en 1749, foi unha física francesa.
Índice |
[editar] Traxectoria
A filla do Barón de Breteuil naceu o 17 de decembro de 1706. Casou co Marqués do Chatelet-Lomont en 1725. Foi boa lingüista, música e matemática, e fondamente interesada na metafísica.
Autodidacta, Gabrielle-Émilie le Tonnelier de Breteuil, Marquesa do Chatelet, foi amante do filósofo francés Voltaire, con quen mantivo tamén relacións profesionais. Tivo relacións no campo da física con Maupertuis, e traduciu a Leibniz e Newton, engadindo comentarios e explicacións en pasaxes difíciles.
Escribiu Institutions de physique (1740), Dissertation sur la nature et la propagation du feu (1744), Doutes sur les religions révélées, e no 1756 publicou unha tradución dos Principia Mathematica de Newton.
[editar] Vida persoal
Cando comezou a intimar con Voltaire estaba practicamente separada do seu marido. É considerada como unha pensadora orixinal, aínda que máis coñecida pola súa relación con Voltaire. En 1748, deixou a Voltaire por un soldado-poeta, Jean François de Saint-Lambert, oficial da garda do Rei Stanislaw I de Polonia. Morreu polas complicacións subseguintes ó nacemento do seu fillo o 10 de setembro de 1749.