Xosé Tomás
Xosé Tomás | |
---|---|
![]() Xosé Tomás asinando libros na Feira do Libro da Coruña 2022 | |
Nacemento | 26 de outubro de 1971 |
Lugar de nacemento | Betanzos |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | ilustrador, mestre, debuxante, autor de cómics, autor de banda desenhada, profesor de ensino secundario e director de escola |
Na rede | |
https://xosetomas.es/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Tomás Díaz Teijo, coñecido como Xosé Tomás, nado en Betanzos[1] o 26 de outubro de 1971, é un ilustrador, guionista, humorista gráfico e profesor galego (catedrático de ensino medio).[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa tese de doutoramento sobre o papel interventor do ilustrador nos álbums infantís ilustrados.[3] É catedrático de inglés de ensino secundario no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal[4], do que tamén é director.[5]
A maioría da súa obra sitúase na ilustración infantil e xuvenil, onde traballou para editoriais como Xerais, Galaxia, Anaya, Edebé, Rodeira, Baía, Parramón, Embora, Bromera ou Planeta. Ten feito viñetas cómicas para La Voz de Galicia e humor gráfico en Diario de Pontevedra/El Progreso, no Diario Nós, e nas revistas Tempos Novos, Revista Galega de Educación, Plis-Plas (Radio Galega). Traballou tamén o cartelismo didáctico con traballos para a Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña, deputacións, concellos e outras entidades. Participou nas dúas etapas de Golfiño,[6] realizando pasatempos e as series Animalia e Luzbell. Conduciu diferentes obradoiros[7] sobre BD e expuxo obra en mostras do Museo do Humor de Fene[8], ou no Salón do Cómic Viñetas desde O Atlántico da Coruña (no que foi autor galego convidado en 2018).
En 2009 participou con cómic no Proxecto Terra para o COAG[9]. Tamén colaborou nos números da serie Preventigirl do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.[10]
En 2009 participou na Feira do Libro da Habana, dentro da delegación da Xunta de Galicia. En 2010 deu un curso de ilustración a profesionais locais en Abuja (Nixeria), convidado pola embaixada de España[11], en colaboración con editoriais da cidade. En 2012 impartiu un relatorio no congreso de IBBY en Londres, convidado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (subsección do IBBY). En 2013 creou, xunto con Biblos Clube de Lectores, os obradoiros de ilustración e banda deseñada BIBLOS. En 2014 foi seleccionado pola Xunta de Galicia e a AGPI como ilustrador convidado á feira do libro de Frankfurt.
Publicacións[editar | editar a fonte]
- Tolos (2008). Universidade da Coruña. ISBN 9788497493079. Álbum de BD realizado para a Universidade da Coruña no que cinco relatos breves nos presentan personaxes relacionados dalgún xeito coa vida universitaria: Formación, voluntariado, investigación, vocación.[12]
- Compañeiros. Homenaxe ás vítimas do Portiño (2008). Concello da Coruña, Consellería de Cultura e Deporte (Xunta de Galicia), Deputación da Coruña, Ministerio de la Presidencia (Goberno de España), Xunta de Galicia. (Álbum)
- Nómades (2011). Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-9865-392-2.[13] (literatura e debuxo)
- Manual de Escola (2016). ASP-G. 80 páxs. ISBN 978-84-938747-4-2. Prólogo de Francesco Tonucci e Xaquín Marín. (humor gráfico)[14]
- Animalia. 1. Verde (2018). Xerais, colección Merlín Cómics. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-385-7. (banda deseñada infantil)[15]
- Animalia. 2. Branco (2019). Xerais, colección Merlín Cómics. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-226-4. (banda deseñada infantil)
- Manual de Escola 2 (2019). ASP-G. 82 páxs. ISBN 978-84-949659-0-6. Prólogo de Fabricio Calvano e Miguelanxo Prado. (humor gráfico)
- Historias de Betanzos I (2013) e Historias de Betanzos II (2015)[16]. Concello de Betanzos.
- Lubell. O demo bombilla (2020). Con Diego Rosales. Galaxia. 68 páxs. ISBN 978-84-9151-419-0.
- Animalia 3. Azul (2021). Xerais, Merlín cómics. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-846-3.
- Historias da Fraga Revirada (2021). Vigo: Galaxia. 198 páxs. ISBN 978-84-9151-615-6.
- Contos de seu (2022). AS-PG. 80 páxs. ISBN 978-84-949659-5-1.
- Animalia 4. Gris (2022). Vigo: Xerais, Merlín cómics. 56 páxs. ISBN 978-84-1110-146-2. ePub: ISBN 978-84-1110-168-4.
Libros ilustrados por Xosé Tomás[editar | editar a fonte]
- Ulloa, Cibrán (2004). O lume dos soños. Baía Ed. 216 páxs. ISBN 978-84-96128-75-X.
- Núñez, Toño (2006). O pirata metepata. Baía Ed. ISBN 978-8496526648.
- Regueiro, Conchi (2006). Un marciano neste mundo. Baía Ed. 224 páxs. ISBN 978-84-96128-76-7.
- Vázquez Álvarez, David Daniel (2006). Orballo da mañá... Baía Ed. 224 páxs. ISBN 978-84-96526-69-3
- Castilla, Gabriel (2007). O soñador. Baía Ed. ISBN 978-84-96526-99-0.
- Fernández Castro, Xosé Manuel (2007). Misterio en Guernica. Baía Ed. 64 páxs. ISBN 978-84-96526-99-0.
- Núñez, Toño (2007). O monstro dos Ancares. Galaxia. 56 páxs. ISBN 978-84-7154-008-9.
- Riveiro, Breogán (2007). O afundimento do Tiránic. Baía ed. 45 páxs. ISBN 978-84-96526-98-3.
- Vázquez Freire, Miguel (2007). Contos de Reis e de Nadal. Xerais, Col. Merlín. 120 páxs. ISBN 978-8497826327.
- Vázquez Freire, Miguel (2007). María é maior. Baía Ed., 34 páxs. ISBN 978-84-96893-26-9.
- Vázquez Freire, Miguel (2007). O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos. Rodeira. ISBN 9788483490235
- Iglesias, Arturo (2008). Carolina e os caracois. Baía Ed. 32 páxs. ISBN 978-84-96893-67-2.
- Martín, Paco (2008). Sabeliña e os ratos. Galaxia. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-020-4.
- Solar, María (2008). Boa sorte. Baía Ed. 64 páxs. ISBN 978-84-96893-30-6
- Solar, María (2008). O tempo do revés. Baía Ed. 56 páxs. ISBN 978-84-96893-28-3.
- Castaño, Yolanda (2009). Cando eu saiba ler. Galaxia. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-171-3.
- Gonda, Araceli (2009). Flis-fli-ris-flás. Galaxia. 36 páxs. ISBN 978-84-9865-246-8.
- Pita, Charo (2009). O arco da vella. Xerais, Col. Merlín. 40 páxs. ISBN 978-84-9782-978-6.
- Iglesias, Arturo (2010). Antón, si tal! 32 páxs. ISBN 978-84-92630-43-1.
- Solar, María (2011). Vou ter un irmán!!! . Galaxia. 28 páxs. ISBN 978-84-9865-371-7.
- Vázquez Freire, Miguel (2011). O souto escuro e perigoso. Xerais, Col. Merlín. ISBN 978-8499140971.[17]
- Lama, Xavier (2011). Os reloxos preguiceiros de Néboa (2011). Xerais, Teatro. ISBN 978-84-9914-210-4.[18]
- Tembrás, Dores (2012). O peizoque Roque. Galaxia. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-438-7.
- Castaño, Yolanda (2012). Verdedades. Biblos. ISBN 978-84-15086-31-4.[19]
- Blanco, Concha (2013). Cos ollos do avó. Embora. 110 páxs. ISBN 978-84-92644-71-1.
- Blanco, Concha (2013). Quero que veñan meus pais! Embora. 112 páxs. ISBN 978-84-92644-72-8.
- Carballeira, Paula (3013). A burra Ramona. Baía Ed. 42 páxs. ISBN 978-84-9995-080-8.
- Leira Castro, Rocío (2013). Universo Pitágoras. Biblos. 72 páxs. ISBN 978-84-15086-33-8.[20]
- Vázquez Freire, Miguel (2013). Fadita fosca! Baía Ed. 48 páxs. ISBN 978-84-9995-074-7.
- Iglesias Fernández, Arturo (2014). Exeria: nos límites do mundo. ASP-G, Nos límites do mundo. 72 páxs. ISBN 978-8493874728.
- Núñez, Toño (2014). De como Chispo, o esquío, puido co frío. Galaxia. 36 páxs. ISBN 978-84-9865-527-8.
- Castaño, Yolanda (2014). Coller as rendas. Xerais. Col. Merlín. ISBN 978-84-9914-806-9 (2ª ed. 2015).
- Gonda, Araceli (2014). Os amigos de Santi. Galaxia. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-528-5.
- Varela, Xosé Manuel e Varela, Icia (2014). O grilo Míllelo. Ed. Embora. 40 páxs. ISBN 978-84-92644-97-1.
- García Teijeiro, Antonio (2015). Palabras do mar. Ed. Embora. 40 páxs. ISBN 978-84-16456-03-1.
- Núñez Singala, Sabela (2016). O agasallo de Anya. Galaxia. 116 páxs. ISBN 978-84-9865-509-4.
- Tobaruela, Pere (2017). Catro pedras vellas. Baía. 88 páxs. ISBN 978-84-9995-229-1
- Loureiro, Ánxela (2018). Choiva de ras. Xerais. Col. Merlín. 136 páxs. ISBN 978-8491213680.
- [Tomás, Xosé (2018). O día do globo. Quince300. Col. Pasatempo. 79 páxs. D.L. C-1436-2018
- López López, Xabier (2018). O segredo da vella librería. Galaxia. Col. Árbore Galaxia. 216 páxs. ISBN 978-84-9151-169-4
- Paz Limia, Jacobo (2018). O Gatipedro. Baía. Col. Conto x conto. 34 páxs. ISBN 9788499952857
- Paz Limia, Jacobo (2018). A meiga chuchona. Baía. Col. Conto x conto. 36 páxs. ISBN 978-84-9995-299-4
- Castaño, Yolanda (2019). Sementes viaxeiras. Embora. Col. Fardel dos soños. 48 páxs. ISBN 978-84-17824-05-1
- Alonso Diz, Miguel Anxo (2021). O país da choiva. Antela Editorial / Deputación de Ourense. 80 páxs. ISBN 978-84-09-33067-6
- Música Miúda (2022). Cambia o conto. Galaxia. 40 páxs. ISBN 978-84-9151-930-0
O escritor Manuel Guisande achegou á literatura infantil de Galicia, xunto co ilustrador Xosé Tomás, un personaxe entrañable, o paxaro "Rodribico": unha colección de contos editada en 2010 por Baía Edicións e que foi traducida ó castelán[21] e ó portugués.[22]
- Rodribico e a noite. ISBN 978-84-92630-51-6.
- Rodribico aprende a voar. ISNB 978-84-92630-52-3.
- Rodribico e o mar. ISBN 978-84-92630-53-0.
- Rodribico vai ao circo. ISBN 978-84-92630-54-7.
- Rodribico visita a cidade. ISBN 978-84-92630-55-4.
En castelán[editar | editar a fonte]
- Vázquez Freire, Miguel (2007). El niño que tenía miedo de los robots / El robot que tenía miedo de los niños. Edebé. ISBN 9788423683727.
- Loureiro, Ánxela (2011). Lluvia de ranas. Planeta. ISBN 978-84-08-09898-0.
- Lourenzo González, Manuel (2013). Un fantasma en el colegio. Edebé. 168 páxs. ISBN 9788423681907.
- Torres, Elena e Iglesias, Arturo (2014). Caminando. Educación vial para el primer ciclo de educación infantil. Dirección General de Tráfico.[23]
- Vinyoli Sastre, Joan y Albert (2017). El gran libro de relatos de piratas y corsarios. Parramón, (Más allá del cuento). 112 páxs. ISBN 978-8434211506.
- Alonso Diz, Miguel Ángel (2016). Manual del bullyng. Nova Galicia Edicións. 57 páxs. ISBN 978-84-944321-4-9.
- Castro Maestre, María del Mar (2016). Manual de educación: Protocolo social para niñas y niños. Nova Galicia Edicións. 56 páxs. ISBN 978-8494432132.
- Marín, Rafael (2017). El tebeo mágico. Estudio Rosetta.[24]
- Alfeirán, Xosé e Tomás, Xosé (2020). Pequeña historia de A Coruña. Ed. Embora. ISBN 978-8417824280.
Materiais multimedia[editar | editar a fonte]
- Flis-fli-ris-flas CDRom (Galaxia), www.cooperativasdegalicia.com
- A Estrada Dixital (Concello da Estrada)
- Portal Contidos Educativos (Consellería Educación - Xunta de Galicia)
- Dicionario Visual Interactivo (Consellería de Educación - Xunta de Galicia)
- Guía de primeiros auxilios (061)
- Prevenio (Protección Civil – Galicia)
- A Guerra das Bruxas (Edebé-Rodeira)
- Visita o teu Campus CDRom (Universidade da Coruña)
- CaminANDO (DGT - Ministerio del Interior)
Premios[editar | editar a fonte]
- En 2010 a Asociación de Editores de Galicia concedeulle o Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor álbum ilustrado do ano pola serie Rodribico.[25]
- En 2012 e en 2014 recibiu o Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador do ano.
- En 2013 foi Premio Frei Martín Sarmiento por Vou ter un irmán!!!, con María Solar, e en 2016 por A Burra Ramona, con Paula Carballeira.
- En 2016 o Concello de Betanzos concedeulle o Premio "Garelo" de Cultura, máxima distinción no municipio.
- En 2017 o Clúster Galego da Comunicación concedeulle o Premio Paraguas ao mellor libro infantil do ano.
- En 2021 foi Premio Frei Martín Sarmiento por Animalia 2. Branco.
- En 2021 finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego, por Pequeña historia de A Coruña.[26]
- Foi membro de varios xurados:
- XII Premio de Banda Deseñada "Castelao" - 2018 (Deputación da Coruña).
- XXV Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do humor” 2021 do Museo do Humor de Fene.
- Premio Nacional de Ilustración 2022.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Autores - Tomás, Xosé". baiaedicions.gal. Consultado o 2021-06-03.
- ↑ "XOSÉ TOMÁS. Ilustración, banda deseñada". DIVERXE. obradoiros creativos para centros de ensino. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Xosé Tomás". Vinetas desde o Atlántico. A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Persoal do centro". edu.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 29/04/2019. Consultado o 07/08/2019.
- ↑ "Xosé Tomás Teijo". tebeosfera.com.
- ↑ "Obradoiro de ilustración". culturagalega.gal. Consultado o 07/09/2019.
- ↑ "Xosé Tomás". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ Mauleón, Amaia. "Arquitectos de Primaria". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-09-07.
- ↑ "Xosé Tomás Teijo - Ficha de autor en Tebeosfera". www.tebeosfera.com. Consultado o 2019-09-07.
- ↑ "Terminamos el curso en Abuja, Nigeria", maio 2010 (en castelán).
- ↑ "Tolos (2008) Álbum. BANDA DESEÑADA.GALEGA". culturagalega.gal. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Nómades". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Manual de escola. Eduga". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ ""Animalia 1. Verde", de Xosé Tomás. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Xosé Tomás publica el segundo tomo de su cómic «Historias de Betanzos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-05-28. Consultado o 2019-09-07.
- ↑ "Crítica de «O souto escuro e perigoso», de Miguel Vázquez Freire, en Trafegando ronseis. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ Nicolás, Ramón. "Verdedades, de Yolanda Castaño". cadernodacritica. Consultado o 07/09/2019.
- ↑ Nicolás, Ramón. "Universo Pitágoras, de Rocío Leira Castro". cadernodacritica. Consultado o 07/09/2019.
- ↑ "Los más pequeños ya pueden leer a Rodribrico en castellano". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 09 de abril de 2015.
- ↑ "Rodribico tamén en castelán e portugués – Editorial". Consultado o 2019-09-06.
- ↑ "guía completa.pdf" (PDF). dgt.es. Consultado o 07/09/2019.
- ↑ "'El tebeo mágico' plasma la fascinación infantil por el cómic". Diario de Cádiz (en castelán). 2018-05-08. Consultado o 2019-09-05.
- ↑ "Mes de la ilustración en la Biblioteca de Galicia Xosé Tomás Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2021-06-03.
- ↑ "Xosé Tomás Axenda cultural AELG::". Consultado o 2021-06-03.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevista en Baía Edicións, 2013.