Miguel Ángel Alonso Diz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Ángel Alonso Diz
Miguel Ángel Alonso Diz 2-8-2015.jpg
Miguel Ángel Alonso Diz, na Feira do Libro da Coruña 2015, c'O soño de Esther nas mans.
Nacemento 14 de xaneiro de 1976 (42 anos)
Lugar Madrid
Nacionalidade España
Ocupación escritor
Xéneros Poesía, narrativa, relato curto
Estudos Economía
editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Alonso Diz, nado en Madrid o 14 de xaneiro de 1976, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Economía, ten exercido a docencia no ensino privado. Participa en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal. É membro do colectivo A porta verde do sétimo andar, un dos impulsores dos Cadernos Q de Vián, e colaborador habitual da revista Atenea. Tamén é un dos organizadores do Poetry Slam Vigo. Colabora no programa Banda Aparte 2.0 de Radio Allariz cunha sección que se chama "A cultura oculta"; e no portal "Letraenobras"[1].

Destaca o seu labor como contacontos e a súas colaboracións cos Servizo de Normalización Lingüística de diversos concellos e centros educativos, tanto como contador de historias como impartindo obradoiros de poesía e de escrita.

Deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso no ano 2012 coa obra O cullarapo Croque. Este libro supuxo o primeiro libro galego auto editado a través do sistema de Crowdfunding, abrindo un novo camiño no mundo da autoedición. O soño de Esther foi finalista dos premios Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil do ano 2014 e Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado do ano 2014. Co volume O valente coello que quixo soñar foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento.

O seu segundo libro, A nena á que non deixaban ser feliz, foi seleccionado entre 10.000 títulos polo Servizo de Educación Pública de México para a súa incorporación ás bibliotecas de aula dos centros de ensino público.[2]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Poemas do día e da noite, 2008, publicado en internet.
  • Memorias da cidade escura, 2009, Outrovigo.com.
  • Imaxes e palabras, 2010, Blurb.es.
  • Beiramar inverno, 2012, publicado en internet.
  • Retorno ao país dos ananos sen moverse da habitación, 2015, A porta verde do sétimo andar.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O cullarapo Croque, 2012, A porta verde do sétimo andar. Reeditado en 2013 por Nova Galicia Edicións, con ilustracións de Luz Beloso.
  • A nena á que non deixaban ser feliz, 2013, A porta verde do sétimo andar. Reeditado en 2013 por Nova Galicia Edicións, con ilustracións de Luz Beloso.
  • O soño de Esther, 2014, Nova Galicia Edicións, con ilustracións de Luz Beloso.
  • O valente coello que quixo soñar, 2015, Nova Galicia Edicións, con ilustracións de Luz Beloso.
  • Mel, unha mosca agradecida, 2016, Nova Galicia Edicións, con ilustracións de Luz Beloso.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • La niña a la que no dejaban ser feliz, autotradución de A nena á que non deixaban ser feliz, 2013, Nova Galicia Edicións.
  • El renacuajo Croque, autotradución de O cullarapo Croque, 2013, Nova Galicia Edicións.
  • El sueño de Esther, autotradución de O soño de Esther, 2014.
  • As letras máis eu, 2014, xunto a Joaquina Ramilo Rouco, Editorial Sandia Books.
  • El valiente conejo que quiso soñar, autotradución de O valente coello que quixo soñar, 2015, Nova Galicia Edicións.

Videopoesía[editar | editar a fonte]

  • En galego, 2012, L’Avioneta.
  • Guión de A muller lamprea IV, 2014, obradoiro de educación plástica IES As Barxas.
  • Pedra e Pel, 2014, proxecto con Tere Freiría (fotografía), Susana Rocha e Sergio Martínez.
  • Sinais na terra, 2014, con Flora Fernández.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • As voces do pan, 2009, Entremos na Panificadora.
  • Ciencia que conta, 2010, Universidade de Vigo.
  • Sétimo Andar, Poesía Alén, 2010 (Nova Galicia Edicións, baixo licenza Creative Commons - Volume colectivo).
  • Pegadas, 2011, Nova Galicia Edicións.
  • Coroa poética a Urbano Lugrís, 2011, A nave das ideas.
  • Sétimo andar, 2012, A porta verde do sétimo andar - Cadernos de Q de Vian.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • O xigante de Magarelos, 2013, Edizer.
  • Alén do silencio, 2014, Abooks.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • Dez anos na Porta, 2015, A porta verde do sétimo andar. Poesía.
  • Aldeas sen voz, 2016, Editorial Canela.
  • E de súpeto o inverno, 2017, Agalir.
  • Latexo Beat, 2017,Galaxia.
  • Contos Estraños, volume 11. A rebelión de Prometeo, 2017

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • La seguridad vial y yo, 2016, Nova Galicia Edicións. Con ilustracións de Xosé Tomás.
  • No quiero ir, 2016, Nova Galicia Edicións. Con ilustracións de Xosé Tomás.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Segundo premio do Certame de relatos Ciencia que conta no 2010.
  • Premio do I Certame de micro-relatos OZOCOgz no 2013.
  • Premio secundaria obrigatoria da Concellería de Normalización Lingüística de Compostela no 2014, por A muller lamprea IV.
  • Premio Olloboi Orixinal no 2014, por A muller lamprea IV.
  • Premio no Festival Internacional de Curtas de Bueu por Cabelos de Batalla, feito no obradoiro de plástica do IES As Barxas no 2016.
  • Premio "Paraugas" 2017 do Cluster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano con "Manual del Bullying", editado por Nova Galicia Edicións.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]