Miguel Vázquez Freire
Miguel Vázquez Freire | |
---|---|
Nacemento | 1951 |
Corcubión | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Miguel Vázquez Freire, nado en Corcubión en 1951, é un escritor galego.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid, licenciándose na especialidade de Filosofía. Exerce como profesor de Filosofía nun instituto de ensino secundario de Santiago de Compostela.
Foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia. É promotor de Pé de Imaxe e de Nova Escola Galega.
Colabora como crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións, como a Revista Galega de Educación, Cuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo e nas páxinas culturais e educativas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
Actualmente é profesor de filosofía no instituto IES Eduardo Pondal en Santiago de Compostela.
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- Proxecto pomba dourada, 1987, Vía Láctea.
- As aventuras do Gato Bógar, 1989, Xerais.
- A malvada María Xosé, 1989, Xerais.
- A cor do elefante, 1994, Casals.
- Anxos en tempos de chuvia, 1997, Xerais.[1]
- O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos, 1998.
- A primeira máquina de fotos, 1998.
- María e maior, 2007, Baía.
- Contos de Reis e de Nadal, 2007, Xerais.
- Xurxiño quere ser..., 2010, Baía.
- O souto escuro e perigoso, 2011, Xerais.
- Fadita fosca, 2013, Baía.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos, 1993, Xerais.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Nietzsche, 1990, Xerais.
- Ilustradores galegos para nenos, 1991, Xerais.
- Marabillas e milagres de Álvaro Cunqueiro, 1991, Xerais.
- O Curriculum, 1992, Xerais.
- Iniciación á Estética, 1993, Xerais.
- Política e Sociedade, 1993, Xerais.
- Mandar, obedecer, rebelarse, 1996, Xerais.
- Estética e teatro, 2005, Galaxia.
Traducións[editar | editar a fonte]
- A luva de tres dedos, de Maurice Tillieux, 1990, Casals.
- O tío Plácido, de Peyo e Walthéry, 1990, Casals.
- Os taxis vermellos, de Peyo, 1991, Casals.
- O discurso do método, de René Descartes, 2000, Xerais.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor, incluído en Os contos da campaña (3), 1992, Xunta de Galicia.
- A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, en Sempre no Camiño. 1º Concurso de obras teatrais inéditas Camiño de Santiago, con Gloria Sánchez, 1995, Xunta de Galicia.
- Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Camiño de Santiago de Teatro de monicreques no 1993, pola obra A princesiña Socorro, o trobeiro carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|