Xavier Lama
Xavier Lama | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de xullo de 1962 |
Santa Euxea | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | xornalista e escritor |
Irmáns | María Xesús Lama |
Xéneros | Poesía, narrativa e teatro |
Estudos | Ciencias da Información |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Xavier Lama López, nado en Santa Euxea (Guntín) o 12 de xullo de 1962, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Ciencias da Información en Universidade Complutense de Madrid e foi un rostros coñecidos dos informativos da Televisión de Galicia. O seu labor xornalístico ten sido recoñecido con diversos galardóns, entre os que figura o Mirador de la Complutense, Air France para novos periodistas, o Premio Galicia de Comunicación en 1989 e a Pluma de Ouro do I Premio Borobó en 2009.
Como escritor iniciouse con textos dramáticos e poéticos, pero tamén escribe narrativa. Recibiu varios premios literarios, como o Rafael Dieste (1995) e o Camiño de Santiago-Premio Xacobeo de teatro (1993), ou o Álvaro Cunqueiro de narrativa (1995). No ano 2008 gañou o premio González Garcés de poesía tras impugnar a primeira decisión do xurado, que recaera nunha obra de Eduardo Estévez que xa fora publicada, parcialmente, nun seu blog [1][2].
Obras[editar | editar a fonte]
Teatro[editar | editar a fonte]
- O peregrino errante que cansou ó demo (1995, Xunta de Galicia).
- O serodio remordemento do amor (1996, Deputación da Coruña).
- Ela, piedade dos suicidas (2015, Baía/Xunta de Galicia).
Poesía[editar | editar a fonte]
- O fotógrafo Helmut Newton ten unha visión da eternidade (2003, publicado en internet).
- Tigres como Fausto con ollos de bruma (2006, Sociedade Cultural Valle-Inclán).
- Melancolía líquida da idade das vacas (2008, Sociedade Cultural Valle-Inclán).
- Cabalos do alén na cidade das fábulas (2009, Deputación da Coruña).
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Os moradores da nada (1995, Galaxia).
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- Os reloxos preguiceiros de Néboa (2011, Xerais).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Memoria de Antígona, con Quico Cadaval (1998, Xunta de Galicia).
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
- Escrita Contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión (2013, Bubela).
- Novas de poesía. 17 poetas (2013, Fundación Uxío Novoneyra).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Camiño de Santiago de teatro en 1993, por O peregrino errante que cansou ó demo.
- Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa en 1995, por Os moradores da nada.
- Premio Rafael Dieste en 1995, por O serodio remordemento do amor.
- Accésit do Premio Esquío no 2006, por Tigres como Fausto con ollos de bruma.
- Premio Esquío de poesía no 2008, por Melancolía líquida da idade das vacas.
- Premio Miguel González Garcés no 2008, por Cabalos do alén na cidade das fábulas.
- V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2010, por Os reloxos preguiceiros de Néboa.
- XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para adultos no 2014, por Ela, piedade dos suicidas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Retíranlle o 'González Arces' a Eduardo Estévez", artigo en Vieiros, 23 de setembro de 2008.
- ↑ "Resposta de Xavier Lama sobre do premio de poesía González Garcés". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 310. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xavier Lama na Biblioteca Virtual Galega.
- Xavier Lama na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Páxina do autor na Editorial Galaxia Arquivado 10 de novembro de 2018 en Wayback Machine.