Toño Núñez
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2020.) |
Toño Núñez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xaneiro de 1959 |
Navia de Suarna | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta |
Xéneros | Poesía, narrativa e ensaio |
Estudos | Maxisterio |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Antón Núñez Álvarez, nado en Vilameixide (Freixís, Navia de Suarna) o 18 de xaneiro de 1959, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Maxisterio e, despois de ter traballado coma mestre infantil durante máis de 20 anos, na actualidade exerce coma mestre de galego no IES de Palas de Rei (Lugo).
No ano 1986 gañou o I Premio Buril das Letras Galegas de narrativa, feito que o levou a tomar máis en serio a súa vocación coma escritor. A súa obra inclúe libros infantís, unha obra para adultos, relatos breves, poemas e artigos de opinión. Asemade, ten no seu haber varias mencións literarias.
Obra[editar | editar a fonte]
Literatura infantil[editar | editar a fonte]
- O soño de Ánxela (1999, Everest Galicia).
- O señor mago e a folla (2000, Everest Galicia).
- Amores de gato e rato (2004, Kalandraka).
- As cores da vida (2005, Ir Indo).
- Macedonia de froitas (2005, Ir Indo).
- O pirata Metepata (2006, Baía).
- O monstro dos Ancares (2007, Galaxia).
- Mago Goma (2009, Kalandraka).
- De como Chispo, o esquío, puido co frío (2014, Galaxia).
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Navia, nai (2006, Deputación de Lugo).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Mellore este artigo: Wikipedia:Libro de estilo#Uso da cursiva e as aspas Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Da morte e da vida, relato que forma parte do libro 1º Premio Buril das Letras Galegas (1986).
- Cereixas bravas, relato incluído no libro Relatos de verán 2002 de La Voz de Galicia.
- Radiografía, poema dentro do libro Cento sete marés (2003, Esmelgar, Arte e Comunicación. Lugo).
- A gata, relatos de verán de La Voz de Galicia (2004).
- Desacougo, relatos de verán de La Voz de Galicia (2005).
- Volverei?, relato que forma parte do libro Dez anos, dez historias (2007, Librería Trama, Lugo).
- Rapsodia temporal, relato incluído no libro Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega), libro electrónico.
- Latexos de amor, desamor e desacougo, poemas incluídos no libro Un feixe de poesía na porta (2013, A porta verde do sétimo andar).
- Ai, Rosalía, poema incluído no libro 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Poesía[editar | editar a fonte]
- Poemas de Amor en Outono (1ª Ed., 2014).
- Poemas de Amor en Outono (2ª Ed., 2016).
- Poemas de Amor en Outono (3ª Ed., 2020). Edición revisada.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Navia (2006, Deputación de Lugo).
Premios[editar | editar a fonte]
- Gañador do I Premio Buril das Letras Galegas de narrativa, Burela (1986)
- Accésit no IV Concurso de Contos Casa da Xuventude, Ourense (1987)
- Mención Especial no Concurso Literario Concello de Culleredo (1987)
- Mención de honor no Concurso Literario da Asociación "Meigas e Trasgos" (apartado de prosa), Sarria (1987)
- Gañador do Segundo Premio do IV Certame de Narración Curta Ánxel Fole, Lugo (2000)
- Gañador do Segundo premio do V Certame de Narración Curta Ánxel Fole, Lugo (2001)
- 2º Premio Revista "A Pipa" de relato convocado pola asociación "A Pipa", Becerreá (Nadal 2006)
- 1º Premio Revista "A Pipa" de poesía convocado pola asociación "A Pipa", Becerreá (Nadal 2006)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Toño Núñez na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.