Concha Blanco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xuño de 1950 (74 anos) Cee, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Maxisterio |
Actividade | |
Ocupación | mestra , escritora , escritora de literatura infantil |
Xénero artístico | Narrativa, infantil-xuvenil |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Canosa Santamaría |
Fillos | María Canosa |
María Concepción Blanco Blanco, nada en Lires (Cee) o 19 de xuño de 1950, é unha pedagoga, mestra e escritora en lingua galega, xa xubilada. Dende o comezo da súa actividade editou libros de materia pedagóxica. Foi unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino do galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con 6 anos comezou os estudos na escola local e aos 10 anos trasladouse a Ferrol para cursar Bacharelato no Instituto Concepción Arenal. Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. O seu labor docente empezou na Escola de Nemiña (Muxía). Logo pasou ás localidades do Ézaro (Dumbría), Brens (Cee), Dumbría (Dumbría) e Cee, oonde impartiu clases no CPI Eugenio López coma mestra de lingua e literatura galega e no IES Agra de Raíces como profesora de lingua galega e literatura.
É coordinadora e coautora de varios libros de texto de Primaria e Secundaria ademais das correspondentes guías didácticas. Foi correspondente de prensa durante varios anos e colaborou cos seus alumnos en programas de radio. Impartiu e coordinou cursos de Lingua Galega, proxectos de formación do profesorado e Xornadas da Nosa Lingua.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É parella do profesor e escultor Manuel Canosa Santamaría, e nai de Ana e mais María Canosa Blanco[1].
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]Foi nomeada pola AELG Escritora na súa Terra en 2021.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Literatura infantil-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Contos prá escola, 1981. Con ilustracións de X. Vilasantar. (Ediciós do Castro).
- O Planeta ceboleiro, 1982. (Premio O Facho non publicado de maneira individual).
- Os habitantes de Nepecifonilandia, 1983. (Premio O Facho incluído na publicación colectiva "8 contos")
- Chuchamel, 1988. Con ilustracións de Carolina, Daniel e Aleixo Díaz. (Ed. do Castro).
- O noso Pepe, 1988. Con ilustracións de X. Vizoso. (Ed. do Castro).
- ¿Andrómenas?, 1989. Con ilustracións de Julio Gutiérrez Mas. (Ed. S.M.).
- A misteriosa montaña de Pena Negra, 1991. Con ilustracións de Cristina Losantos. (Editorial Maxisterio-Casals).
- A vaca titiriteira, 1991. Con ilustracións de Mari Fe Quesada. (Editorial Bruño).
- O milagre de Carola, 1992. Con ilustracións de X. Vizoso. (Ed. do Castro).
- A papoula era máxica, 1994. Con ilustracións de X. Vizoso. (Ed. do Castro).
- A camioneta da media risa, 1995. Con ilustracións de Manuel Uhía Lima. (Ed. Bruño).
- Marcelo non me toma o pelo, 1995. Con ilustracións de Vicente Blanco. (Sotelo Blanco). Segunda edición no 2001.
- A Disco Ecoloxista, 1995. Con ilustracións de Francisco Mantecón. (Do Cumio). Segunda edición no 2001.
- A Maxia da Bóla Metálica e outros contos, 1995. Con ilustracións de Francisco Mantecón. (Ed. do Cumio).
- O vestido de Cora, 1996. Con ilustracións de Jesús Fernández. (Ed. Sotelo Blanco). Segunda edición no 2001.
- As loucas vacacións dunha formiga, 1996. Con ilustracións de Manuel Uhía. (Ed. Bruño).
- O aniversario de Ana, 1997. (Ed. Alfaguara Obradoiro).
- A aventura das cores, 1998. (Edicións Xerais).
- ¡A min que me importa!, 1999. (Ed. Bruño). Segunda edición no 2004. Foi traducida ao castelán[3] e ao catalán.[4]
- A casa de cartón, 2000. (Ed. Everest).
- Querido Iván, 2000. (Ed. Everest).
- Quero que veñan meus pais, 2000. (Ed. Casals). Reeditado en 2014 por Edicións Embora.
- Estela, a domadora de rás, 2002. (Ed. Ir Indo).
- Bianca, 2003. (Ed. Dixital).
- Boris, 2004. (Ed. Galaxia).
- Boris e compañía, 2005. (Ed. Galaxia).
- A bruxiña da sorte, 2005. (Ed. Obradoiro).
- Poemas para pintar, 2006. (Ed. Sotelo Blanco).
- Tita, 2006. (Ed. Everest). Reeditado en Aira Ed., 2024, con ilustracións de Miguel Robledo.
- Cantos da rula, 2008. (Ed. do Castro).
- Encontros ás agachadas, 2009. (Deputación de Ourense).
- Os poderes máxicos de Aitema, 2010. (Ed. Galaxia).
- Luces, bicos e cores, 2012. (Ed. Embora).
- Misterio Resolto, 2012. (Ed. Everest).
- Catuxa quere saber, 2012. (Ed. Everest).
- Cos ollos do avó, 2014. (Ed. Embora).
- As noites de Xián, 2014. (Ed. Xerais).
- A pantufla de Celia, 2015. (Ed. Hércules).
- Do re mi fantasía, 2016. (Bolanda).
- A bruxiña da sorte (Oqueleo, 2017)
- Macedonia de versos (Aira editorial, 2018)
- Oficios e profesións poemas son (Embora, 2020)
- Feminino singular, en plural (2020). Baía. 160 páxs. Un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmentaae e con moitos atrancos pola súa colectividade.
- Eu tamén fun pequena (2023). Ilustracións de Dani Padrón. Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-1110-407-4. ePub: ISBN 978-84-1110-421-0.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Berta non soubo voar, 1995. (Editorial Pentalfa).
- Berta, 2001. (Editorial Ir Indo).
- Sara, 2004. (Editorial Casals).
- Habitación 202, 2008. (Ed. Everest).
- Nano, 2008. (Ed. Everest).
- Coa carauta posta, 2009. (Toxosoutos).
- O balcón do meu universo, 2015 (Embora).
Materiais didácticos
[editar | editar a fonte]Libros de texto e guías didácticas
[editar | editar a fonte]- Herdanza 5 (Coautora-coordinadora) Lingua Galega, 5º de Primaria. 1994 Ed. Bruño.
- Guía didáctica Herdanza 5.
- Herdanza 6 (Coautora-coordinadora Lingua Galega, 6º de Primaria Ed. Bruño. 1995.
- Guía Herdanza 6
- Outeiro 6 (Coautora e asesora científica) Coñecemento do medio, 6º de Primaria. Ed. Bruño 1995
- Guía Outeiro 6
- Lingua Galega e Literatura 1º ESO (Coautora-coordinadora) Ed. Bruño. 1996
- Guía didáctica
- Lingua Galega e Literatura 2º ESO (Coautora-coordinadora) Ed. Bruño 1997.
- Guía didáctica.
- 3 Unidades Didácticas colgadas na Rede da AELG.
- Experiencia didáctica colgada na Rede da AELG.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 8 contos, 1989. Con ilustracións de Manuel Uhía. (Campaña de Lectura subvencionada pola Xunta de Galicia).
- E dixo o Corvo..., 1997. (Xunta de Galicia).
- Nós, 1997, Batallón Literario da Costa da Morte.
- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
- O trasno rebuldeiro, Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte, 1997.
- Deixade pois que voe o Paporroibo, que nos conte contos, 1999.
- Catro contos para unha data, 2004. (Xunta de Galicia).
- A Coruña á luz das letras, 2008. Editorial Trifolium.
- Lecturas de aquí e acolá.
- Ditos sobre o libro e a lectura, 2009. Concello da Coruña.
- Cartas a Balbino: homenaxe a Xosé Neira Vilas, 2011 (Xunta de Galicia).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
- O libro dos Reis Magos, 2012. Xunta de Galicia.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013. Toxosoutos.
- Será correcto?, con María Canosa, 2016, Hércules de Edicións.
Traducións
[editar | editar a fonte]- As tres xemelgas. Imaxinario. O meu primeiro dicionario de imaxes. Galego-Inglés. 2006. Ed. Bruño
Obras traducidas
[editar | editar a fonte]- ¡A mí qué me importa! 1999. Ed. Bruño
- La vaca titiritera 2009. Ed. Bruño
- Juego de máscarass 2012. Ediciones Atlantis
- La pantufla de Celia 2015. Ed. Hércules
Premios
[editar | editar a fonte]- 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1982, por O planeta ceboleiro.
- 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1983, por Os habitantes de Nepecifonilandia.
- Segundo premio do Premio Barco de Vapor en 1988, por ¿Andrómenas?.
- Terceiro premio da Agrupación Cultural O Facho en 1991, por A vaca titiriteira.
- Finalista por tres veces do Premio Merlín (1996, 1999 e 2003).
- Accésit do Premio Lazarillo en 1997, por ¡A min que me importa!, traducida a catalán, castelán e valenciano.
- Premio Lecturas de Gálix no 2002.
- Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia en 2007, por Habitación 202.
- Finalista Premio Frei Martín Sarmiento en 2007, por A bruxiña da sorte.
- IV Premio Arume de poesía para nenos en 2008, por Cantos da rula.
- Premio Frei Martín Sarmiento en 2008, por Poemas para pintar.
- VI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez en 2008 por Encontros ás agachadas.
- Finalista “Premio Frei Martín Sarmiento” en 2010 coa obra Habitación 202.
- Premio do certame poético Anduriña voandeira convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi en 2014, por A mentira é un tirizó.
- Premio Frei Martín Sarmiento e 2020, por Macedonia de versos.
- Premio Insua dos Poetas 2023.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Una boda muy literaria". La Voz de Galicia. 4 de xuño de 2010.
- ↑ "Concha Blanco será a "Escritora na súa Terra" da AELG en 2021". Nós Diario. Consultado o 2021-03-15.
- ↑ "¡A mí qué me importa!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2019-10-27.
- ↑ "Tant se me'n dòna!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2019-10-27.
- ↑ P.B.M. (2023-07-29). "Premio Insua dos Poetas para a ceense Concha Blanco". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 116.
- Blanco García, Carmen (1988). "Literatura infantil e xuvenil" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (FIGA) (5): 5–24. ISSN 1139-4854.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Arquivado 23 de decembro de 2014 en Wayback Machine.