Manuel Guisande
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1958 (66 anos) Santiago de Compostela, España |
Formación profesional | Dereito |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor de literatura infantil |
Xénero artístico | Narrativa |
Manuel Guisande, nado en Santiago de Compostela[1] o 30 de outubro de 1958 é un escritor de literatura infantil, periodista e guionista de curtametraxes galego. É autor da serie de contos Rodribico. Obtivo o Premio de Comunicación da Xunta de Galicia 2000, o Premio Codorniz de Plata da Academia de Humor e o Premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores xunto co ilustrador Xosé Tomás.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con orixe familiar en Paredes de Nava, na provincia castelá de Palencia, viviu durante a súa infancia en numerosas localidades pola profesión de seu pai, xuíz. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e colaborou en publicacións como El Correo Gallego, o Semanario El Orzán ou El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. Paralelamente, comeza no ano 2000 as súas achegas á cultura no apartado de humor, sendo xunto co caricaturista Siro coordinador do suplemento de humor xatentendo.com polo cal recibiu o Premio La Codorniz de Plata e o Premio de Comunicación Xunta de Galicia 2000. Tamén é autor de obras de teatro como Los aparcacientos de Pacópolis, xunto ó periodista Ramón Barrena.
No ano 2008 abriu o seu blog de humor 'costumista' Al fondo a la derecha, publicado na edición dixital de La Voz de Galicia e que é un referente para estudantes de castelán na Universidade de Kentucky e o Molloy College de Nova York.[2]
No ano 2010 estreouse como guionista coa curtametraxe Garabolis baixo a dirección do director Alfredo Pardo, polo cal é nomeado ós Premios Mestre Mateo no 2011 e chega á final no Festival Internacional de Cine de Ourense.[3]
Manuel Guisande achegou á literatura infantil de Galicia, xunto co ilustrador Xosé Tomás, o personaxe do paxaro Rodribico: unha colección de contos editada por Baía Edicións no 2010 coa que obtivo o Premio Literario Isaac Díaz Pardo que concede a Asociación Galega de Editores e que foi traducida ó castelán e ó portugués.[4] Un dos contos da colección Rodribrico, Rodribrico e a noite, foi nomeado á final do Premio Literario Frei Martín Sarmiento[5]
Colabora en RadioVoz cun monólogo de humor no programa Corre, Carmela que chove,[6] á vez que imparte conferencias-obradoiros didácticos sobre periodismo e medios de comunicación, monólogos, escritura de contos infantís e realización de guións para teatro, radio e televisión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carmen Aguado (15 de xaneiro de 2022). "Del inmenso azul del mar gallego al del cielo castellano". El Norte de Castilla (en castelán).
- ↑ "El blog «Al fondo a la derecha», de Manuel Guisande, se estudia ya en dos universidades norteamericanas". La Voz de Galicia. 17/11/2011.
- ↑ "«Garabolis», de Alfredo Pardo y Manuel Guisande, en la final del Festival de Cine Internacional de Ourense". La Voz de Galicia. 11/07/2011.
- ↑ "Los más pequeños ya pueden leer a Rodribrico en castellano". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 09 de abril de 2015.
- ↑ "Finalistas de la novena edición".
- ↑ ""Corre Carmela que chove" estrena horario de sobremesa". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na web de Baía Edicións
- Vídeo en YouTube
- Web persoal