Pedro Feijoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pedro Feijoo
Pedro Feijoo.jpg
Nacemento 23 de novembro de 1975
  Vigo
Nacionalidade España
Ocupación escritor
editar datos en Wikidata ]

Pedro Feijoo Barreiro, nado en Vigo o 23 de novembro de 1975, é un músico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filólogo de formación, exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, no que se explica a relación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co xornal Galicia que dirixiu Valentín Paz-Andrade. En 2005 publicou Viva o Fu Remol!, unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego. En 2011 publicou o relato "O segredo do viaduto" no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos. A súa primeira novela, Os fillos do mar (2012), foi finalista do Premio Xerais en 2011.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Cousas do "Galicia", por Castelao, 1997, Ediciós do Castro.
  • Viva o Fu Remol!, 2005, Xerais.
  • Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, 2018, Xerais.[6]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Finalista do Premio Xerais no 2011, pol' Os fillos do mar.
  • Premio Arcebispo San Clemente no 2013, pol' Os fillos do mar.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de Bacharelato e adultos en 2014, por Os fillos do mar.
  • Premio Arcebispo San Clemente no 2016, por A memoria da choiva.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os fillos do mar na páxina web de Xerais.
  2. A memoria da choiva na páxina web de Xerais.
  3. Morena, perigosa e románica na páxina web de Xerais.
  4. Os fillos do lume na páxina web de Xerais.
  5. Sen piedade na páxina web de Xerais.
  6. Camiñar o Vigo vello na páxina web de Xerais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]